Skip to Content

News aggregator

Atardecer no Gaiás-Amoebo

Axenda Cultural - Ven, 02/08/2024 - 21:00

2 de agosto, 21:00
Lugar de la Ciudad de la Cultura - Santiago de Compostela - A Coruña

Amoebo é unha proposta de música urbana que roe nos ritmos latinos e o idol pop dos 80 para deconstruír a verbena galega. Un cóctel interxeracional e inclusivo que escoitan as amigues e bailan as avoas. Festa, baile e letras que reflicten temáticas que tocan no costumbrismo, o amor, o sexo e o día a día da xuventude galega. Co seu primeiro álbum, Cada vez mellor, e un directo explosivo, prometen que non quede ninguén sen bailar no Gaiás.

Categorías: Cultura

Paty Lesta & The Hits

Axenda Cultural - Ven, 02/08/2024 - 21:00

2 de agosto, 21:00
Praza Isac Díaz Pardo - Oroso - A Coruña

Cuarteto formado por voz, piano, contrabaixo e batería.
 
A banda fai un repaso polos grandes hits que marcaron a historia da música.

Joe Cocker, Michael Jackson, Tina Turner, Luz Casal, Elvis Presley, Queen e Police entre outros, estarán presentes nos concertos, sempre baixo a noso xeito de entender a música, polo que as cancións foron versionadas, arranxadas e adaptadas ao cuarteto e aos estilos de swing, blues e funky, entre outros.
 
¡¡¡¡Let´s go hits!!!
 

Categorías: Cultura

Hoxe si!

Axenda Cultural - Ven, 02/08/2024 - 20:30

2 de agosto, 20:30
Praza do Matadoiro - Allariz - Ourense

Hoxe é o día.

Hoxe Ela organizou unha gran festa para celebrar a vida, e onde facer realidade os seus … “SOÑOS PENDENTES POR CUMPRIR´´ Temos todo preparado, un triángulo por espazo de xogo, soños que soben, baixan e flotan no aire, temos un DJ, os temazos musicais da nosa vida, circo, ganas e moita actitude. Hoxe é o día de non deixalo para Mañá.

Unha proposta desenfadada ambientada nos 80, unha invitación a xogar, a desfrutar, a soltarnos por un día, a vivir celebrando o momento presente.

Un espectáculo en linguaxe clown con acrobacia aérea, e sobre todo moito humor, no que con toques de nostalxia cómica, interactúase de maneira directa co público, convidándolle a ser partícipe desta Festa do Hoxe Si!

Categorías: Cultura

Conto para escoitar mentres bailamos en vals

Axenda Cultural - Ven, 02/08/2024 - 20:30

2 de agosto, 20:30
Praza do Concello - Mondoñedo - Lugo

“Sabela era una nena á que lle encantaba a música. Tanto que pasaba o día cantando, bailando, asubiando... Un día a súa nai dille: E por que non aprendes a tocar un instrumento musical?  A Sabela aquilo pareceulle unha boa idea e púxose a pensar que instrumento quería tocar... pero eran tantos!...”

Baixo esta premisa asistiremos á viaxe fantástica que Sabela fai por varios instrumentos ata ir a dar co seu instrumento favorito (gaita, acordeón, xilófono, pandeireta, ...)

Un espectáculo dan man do “Gran Director de Orquestra”  Caxoto cheo de fantasía e da nosa música 

Categorías: Cultura

Da árbore ao libro

Axenda Cultural - Ven, 02/08/2024 - 19:00

2 de agosto, 19:00
Biblioteca Pública Municipal do Irixo - O Irixo - Ourense

Texto de presentación da actividade

Como se fai un libro? Que agocha dentro ademais dunha historia? Cantas persoas fan falla para facelo? Que clases de libros hai? En Cuarto de Inverno somos parte do nacemento do libro como un obxecto, pero a historia é máis antiga. Nunha sesión de contacontos manipulativo poderemos ver distintos materiais para elaborar un libro, veremos os libros máis raros da historia e faremos un minilibro.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (a partir de 7 anos)

Duración

45 minutos

Sesións

  • Sesión única: 02/08/2024 - 19:00

Lugar de celebración

Biblioteca O Irixo

Categorías: Cultura

Home orquestra

Axenda Cultural - Ven, 02/08/2024 - 19:00

2 de agosto, 19:00
Vilar de Barrio - Vilar de Barrio - Ourense

Baixo Cé orquestra pantasma agóchase o vigués César Freiria, músico autodicacta e apaixoado dos instrumentos musicais.

Apoiándose na recuperación da figura do home orquestra, Cé orquestra pantasma convértese na fórmula perfecta para escapar do mundo por uns intres, deixándose levar, entregándose por completo á festa, porque iso é o que son os seus espectáculos, unha gran festa chea de forza, ritmo e fantasía na que o público deixa de ser espectador para converterse en protagonista.

Categorías: Cultura

Onde viven os monstros

Axenda Cultural - Ven, 02/08/2024 - 11:30

2 de agosto, 11:30
Axencia de Lectura Municipal de Pantón - Pantón - Lugo

Texto de presentación da actividade

Nesta historia, chea de humor e diversión, Max crea na súa habitación un mundo imaxinario onde é libre. Libre mesmo para ser monstro, o máis monstro de todos. Na súa aventura, desafía aos seus propios medos, a frustración, a rabia, a incomprensión ou o temor ao rexeitamento. Finalmente, atopar en falta o amor da súa nai faino regresar a casa e comprende que sempre hay que respectar aos demais.

Programa

Ler conta moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (de 3 a 11 anos)

Duración

50 minutos

Sesións

  • Sesión única: 02/08/2024 - 11:30

Lugar de celebración

Biblioteca Pública de Pantón

Categorías: Cultura

Animais artistas e outras cousiñas

Axenda Cultural - Ven, 02/08/2024 - 11:00

2 de agosto, 11:00
CEIP Pío Cabanillas Gallas - Dozón - Pontevedra

Espectáculo que inclúe manipulación de obxectos e participación do público.

Divídese en tres historias baseadas en feitos reais, protagonizadas por animais: un porquiño pintor, un corvo músico e a tartaruga mais vella do mundo.

Categorías: Cultura

Concerto “X+I”

Axenda Cultural - Xov, 01/08/2024 - 21:00

1 de agosto, 21:00
Praza de Galicia - Arzúa - A Coruña

MJ Pérez celebra o seu 10º aniversario cunha xira especial “X+I”, na que fai repaso dos temas máis destacados da súa traxectoria ata os últimos lanzamentos como é o seu single “Barco á Deriva” (2024). A artista arzuá, ofrece neste espectáculo unha auténtica viaxe de sensacións e estilos, pois vai dende o pop-rock ata a música portuguesa, pasando por ritmos latinos. Se algo destaca desta autora é a súa versatilidade á hora de xogar cos diferentes estilos, mais sen perder a esencia que a caracteriza. Moita música, unhas letras inconfundibles e unha voz única que celebra que sigue enriba dos escenarios tras 10 anos facendo o seu camiño. 

Categorías: Cultura

Atardecer no Gaiás-Branko

Axenda Cultural - Xov, 01/08/2024 - 21:00

1 de agosto, 21:00
Lugar de la Ciudad de la Cultura - Santiago de Compostela - A Coruña

DJ, produtor, axitador cultural, o portugués Branko leva máis de 10 anos na industria, primeiro en Buraka Som Sistema, logo co seu selo Enchufada e producindo temas para artistas como Princess Nokia, MIA, Mayra Andrade ou Dino d'Santiago. Soma, o seu cuarto disco en solitario, gravouse nunha jam de tres días na que retou a algúns dos mellores artistas de Lisboa a improvisar sobre un marco rítmico que usou de base para construír un álbum de ritmos complexos pero tremendamente bailables.

Categorías: Cultura

Kori, de Kocorico

Axenda Cultural - Xov, 01/08/2024 - 20:00

1 de agosto, 20:00
Parque do Principiño - Neda - A Coruña

E se aterrizara un alieníxena do planeta Kokorico no noso barrio? Que pasaría se quixera coñecer os nosos costumes, pero que nin sequera soupera por onde cruzar a rúa?. Pois xusto iso é o que acaba de suceder. O Capitán Tan e Dna. Evarista (unha vecina xubilada que pasaba por alí) teranlle que explicar a Kori o fundamental de educación vial pra poder ir a salvo pola cidade. Galitoon presenta un espectáculo de educación vial con monicreques, onde aparte de aprendernos as normas de tráfico, faranos pasar uns momentos divertidos e moi locos grazas ao extraterrestre Kori, o Capitan Tan e á sua aboa de acollida Dona Evarista.

Categorías: Cultura

Enredadas

Axenda Cultural - Xov, 01/08/2024 - 19:00

1 de agosto, 19:00
Vilar de Barrio - Vilar de Barrio - Ourense

Leti da Taberna trae o seu primeiro monólogo no que explora en ton irónico a nosa relación coas redes sociais e como nos inflúen no noso día a día. En galego e con perspectiva feminista, Enredadas enche o escenario de luz e enerxía, provocando que a espectadora se vexa identificada coas situacións que se presentan e acabe ríndose de si mesma.

Categorías: Cultura

Con A de astrónomAs

Axenda Cultural - Xov, 01/08/2024 - 12:00

1 de agosto, 12:00
Museo Massó - Bueu - Pontevedra

Obradoiro Con A de astrónomas, no que se aborda a aportación de diferentes mulleres astrónomas que foran esquecidas. Dende Hipatia de Alexandría no século IV ata o século XIX co grupo de astrónomas do Observatorio de Harvard as cales fixeron grandes descubrimentos que cambiarían o rumbo da astronomía.

Está pensado para nenas e nenos dende seis anos de idade.

A inscrición é gratuíta mediante reserva no teléfono: 886 151 103 ou no correo electrónico: museo.masso@xunta.gal.

Categorías: Cultura

Ecocienciarte

Axenda Cultural - Xov, 01/08/2024 - 12:00

1 de agosto, 12:00
Biblioteca Pública de Ourense - Ourense - Ourense

Nestes obradoiros traballaremos a través de experimentos e actividades científicas como a proporción áurea, tensión superficial dos líquidos, os estados das moléculas, a Fotosíntesis, entre outros...

Xogando con prantas e pinturas aprenderemos de ciencia e arte.

Actividades pensadas para nenas e nenos de + de 6 anos.

Inscricións a partir do venres anterior chamando ao 988 788385.

 

 

 

Categorías: Cultura

Festa de San Fins do Castro

Axenda Cultural - Xov, 01/08/2024 - 11:00

1 de agosto, 11:00
varios espazos - Cabana de Bergantiños - A Coruña

A Festa de San Fins do Castro, en torno á ermida situada en medio dun belo bosque en Cesullas, debe a súa continuidade ao labor do párroco Saturnino Cuíñas, que foi quen a impulsou nos anos 30. Aquí chegan os romeiros co convencemento de que as augas que emanan dunha fonte nas proximidades cura as verrugas, así que o rito é achegarse a ela e mollarse cun pano que se deixa alí. O milagre sucederá cando sequen os panos.
Ata aquí, a tradición. Porque os tempos actuais danlle á festa unha imaxe ben diferente cunha multitude de mozos e mozas empapados en viño tinto, tan excitados diante da imaxe do cura de Cesullas subido nun palco como poderían estalo nun concerto de rock. É a imaxe da cerimonia do “berro seco”, un rito con 2.000 anos de vida, no que o público ao unísono emite un profundo berro co que sacar os malos espíritos do corpo. A mocidade, que celebra a súa particular batalla de viño nunha área restrinxida, lanza despois un segundo “berro seco” ao que acompaña a polémica pero leva camiño de facer historia.
A tradicional romaría campestre, animada durante todo o día coa música dos gaiteiros, complétase con outro singular acto: a queima do Santo da Pólvora, unha falla artesanal consistente en dous bonecos que reproducen algún oficio tradicional, que se fai estoupar antes dos bailes da mañá.

Para non perderse:
Os tres berros secos co que se sacan do corpo os malos espíritos.

Categorías: Cultura

O Show de Fifo

Axenda Cultural - Mér, 31/07/2024 - 20:00

31 de xullo, 20:00
Paseo MarÍtimo - Muxía - A Coruña

Fifo non sabe se vive nun soño ou si sempre ten sono, o que si ten claro é que neste espectáculo, coa axuda dos nenos, vai descubrir, a través de xogos, de bailes, de gags e de risas, se vive nun mundo certo ou se é mellor espertar.

Espectáculo de interacción constante co público,de maneira directa e de xeito indirecto.

Se tes un soño ven cumplilo...

e se tes sono ven durmilo !!

Categorías: Cultura

Chungo Ke Te Cagas

Axenda Cultural - Mér, 31/07/2024 - 20:00

31 de xullo, 20:00
Parque Ansuña - Baños de Molgas - Ourense

Este é o primeiro espectáculo no que Peter Punk comeza a súa andaina como pallaso. E no que se perfila a súa personalidade divertida e irreverente, que fará as delicias d@s cativ@s e tamén dos maiores, creando un universo propio no que a linea de traballo é a diversión, o xogo e unha visión do mundo moi persoal.

 

Mostrará a súa destreza (ou non) con elementos que van aparecendo da súa maleta: pelotas, un prato chinés, fachos de lume e o clásico tartazo reinventado ao máis puro estilo deste irreverente pallaso internacional.

 

O seu particular “Chungo que te cagas!” é o  “Máis difícil aínda!” do circo clásico. Este é o espectáculo máis universal e todoterreo, perfecto para calqueira tipo de espacio e público. Máis dunha década leva este "Chungo que te Cagas"  rodando polo País de Nunca Máis.

Categorías: Cultura

Verán no Gaiás-De Vilatriste a Vilalegre | A utópica rodante

Axenda Cultural - Mér, 31/07/2024 - 19:00

31 de xullo, 19:00
Lugar de la Ciudad de la Cultura - Santiago de Compostela - A Coruña

Pensada para públicos de todas as idades co fin de xerar comunidade ao redor das artes escénicas, De Vilatriste a Vilalegre combina teatro actoral e de monicreques co mundo do cómic como referencia.
Con este espectáculo viaxamos ata Vilatriste, onde hai unha lagoa cuxa auga dota de superpoderes a quen a bebe. Esta proposta sobre rodas confronta a fantasía coa realidade social do rural galego a partir da historia desta vila, poboación na que se instalan uns novos habitantes que son recibidos con estrañeza e desconfianza pola veciñanza. 
*A Cidade da Cultura será unha das máis de 100 sedes galegas que acollerán este espectáculo-celebración con motivo do 40º aniversario do Centro Dramático Galego.
 

Categorías: Cultura

Chafallas, a vendedora de fume

Axenda Cultural - Mér, 31/07/2024 - 19:00

31 de xullo, 19:00
Vilar de Barrio - Vilar de Barrio - Ourense

CHAFALLAS vai de pobo en pobo buscándose a vida, conta historias e entretén a xente en troco de comida ou algo de diñeiro. Sabe facer de todo, ás veces sáelle ben, outras... non tan ben, pero o que si fai é poñerlle moi boa intención. É nómade, vai coa súa casiña ás costas e coma un caracol, leva historias enroscadas. Entende o idioma dos animais, é unha sabia da natureza e sen sabelo, a primeira muller narradora que vive do seu oficio. As noites sen teito non son fáciles; e pra pasalas, enreda coas palabras e a música ata durmir paseniño e que o fermoso son da alborada a desperte.

Categorías: Cultura

Novo maxia para todxs (Igualdade)

Axenda Cultural - Mér, 31/07/2024 - 12:30

31 de xullo, 12:30
Axencia de Lectura Municipal de Bergondo - Bergondo - A Coruña

Texto de presentación da actividade

Maxia para todxs (igualdade) é o novo show 1,2,3... O mago Pedro Bugarín! totalmente renovado e que se caracteriza por ser emocionante e versátil. Este show cambia pero mantén a esencia da maxia divertida e moi moi participativa. Existe a posibilidade de facelo sen contacto e a distancia respetando as normas sanitarias.

Programa

Non

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (máis de 6 anos)

Duración

50 minutos

Sesións

  • Sesión única: 31/07/2024 - 12:30

Lugar de celebración

Anfiteatro ou auditorio da Senra

Temática

Igualdade e violencia de xénero

Categorías: Cultura
Distribuir contido


by Dr. Radut