Skip to Content

News aggregator

Conta contos e divulgación do libro

Axenda Cultural - Mér, 16/10/2024 - 10:15

16 de outubro, 10:15
Biblioteca Pública Municipal de Pontecesures - Pontecesures - Pontevedra

Texto de presentación da actividade

Contar contos fomentando así a lectura dos máis cativos, e para que sexa máis ameno realizarase posteriormente unha actividade de interpretación.
Mentres que no taller do libro "A nena do vestido de flores", preténdese concienciar sobre as discapacidades e dar a coñecer o autismo.

 

Programa

“Outubro, mes das Bibliotecas"

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (De 4-12 anos)

Duración

90 minutos

Sesións

  • Sesión única: 09/10/2024 - 10:15

Lugar de celebración

Biblioteca Municipal de Pontecesures

Categorías: Cultura

Do meu ámago antigo e "cadeirámbulo"

Axenda Cultural - Mar, 15/10/2024 - 19:00

15 de outubro, 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña

A biblioteca cede ou espazo para a lectura de textos compostos no século XX por Xosé Uxío Diz Tilves.

No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Categorías: Cultura

Eureka

Axenda Cultural - Mar, 15/10/2024 - 19:00

15 de outubro, 19:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña

Un cowboy solitario (Viggo Mortensen) intérnase nunha vila sen lei en busca de vinganza. Paralelamente, na reserva de Pine Ridge, en Dakota do Sur, Alaina está cansa do seu traballo como policía e deixa de responder as alertas de radio unha fría noite de inverno. A súa sobriña Sadie pasa a noite agardándoa, en van. Coa axuda do avó, Sadie decide emprender unha viaxe a través do tempo e do espazo ata un lugar en Sudamérica, onde ha poder deixar de lado vellos westerns en branco e negro que non a representan, para se centrar en escoitar os soños e os relatos doutras persoas, as que aínda viven na selva.

Os paxaros non falan cos humanos, pero se puideramos entendelos, terían moitas verdades que nos contar.

Categorías: Cultura

Filipa cos contos 2024

Axenda Cultural - Mar, 15/10/2024 - 18:30

15 de outubro, 18:30
Biblioteca de O Froxel Francisco A. Vidal - Arteixo - A Coruña

Texto de presentación da actividade

"Filipa cos contos 2024". Oito anos levamos con Filipa e os cos contos e queremos seguir compartindo historias e música con todos, Nesta sétima tempada engadimos novos contos e dinámicas para toda a familia: títeres, contos tradicionais, populares, autoras/es galegos, inventados... música en directo, xogos... e moita participación do público. Filipa e Fran agárdanvos de novo. Vai ser "filipante"!

Programa

Contacontos de setembro a decembro

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (entre 4 e 12 anos)

Duración

50 minutos

Sesións

  • Sesión única: 15/10/2024 - 18:30

Lugar de celebración

Biblioteca Francisco A. Vidal, O Froxel (Arteixo)

Categorías: Cultura

Iguais e diferentes

Axenda Cultural - Mar, 15/10/2024 - 18:00

15 de outubro, 18:00
Biblioteca Pública Municipal Irmáns Ricoi - Campo Lameiro - Pontevedra

Texto de presentación da actividade

Espectáculo cociñado con máxia, contos e moitísimas sorpresas acompañadas de grandes doses de concienciación, unhas areas de sorrisos, aderezado cunhas pinguiñas de amor. O remate, cociñamos entre todxs un pastel de forma máxica que podemos saborear.
A través dos contos, da maxia e dos xogos poñemos énfase na toma de conciencia de que todxs somos iguais, temos os mesmos dereitos e deberes.

Programa

Mes das bibliotecas

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (5 a 11)

Duración

50 minutos

Sesións

  • Sesión única: 15/10/2024 - 18:00

Lugar de celebración

Biblioteca Pública Municipal Irmáns Ricoi

Temática

Igualdade e violencia de xénero

Categorías: Cultura

Coas mans na masa

Axenda Cultural - Mar, 15/10/2024 - 18:00

15 de outubro, 18:00
Axencia de Lectura Municipal de Vilariño - Cambados - Pontevedra

Texto de presentación da actividade

Un quilo de fariña, unha presada de sal, un chorro de pintura e unha historia son os ingredientes necesarios para realizar “Coas mans na masa”. Baseándonos no álbum “Maruxa”, coñeceremos todos os segredos para preparar un bo pan. Pero nesta ocasión a masa que prepararemos non será para ir ao forno, servirá para dar forma aos personaxes e crear novas escenas do conto.

Programa

LER CONTA MOITO

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (de 5 a 12 anos)

Duración

90 minutos

Sesións

  • Sesión única: 15/10/2024 - 18:00

Lugar de celebración

ALM VILARIÑO

Categorías: Cultura

Introdución á programación - Robótica creativa

Axenda Cultural - Mar, 15/10/2024 - 18:00

15 de outubro, 18:00
Biblioteca Pública Municipal de Ézaro - Dumbría - A Coruña

Texto de presentación da actividade

Aprenderán as nocións básicas de programación e automatización de proxectos a través de retos e xogos como LEGO, Sphero e Scratch se formarán equipos que competirán en diferentes probas de intelixencia e estratexia, empregando instrumentos relacionados coas novas tecnoloxías: LEGO, marcadores láser, drons, esferas robot, etc. 

Programa

Outono na Biblioteca

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil
  • Público xuvenil

Duración

90 minutos

Sesións

  • Sesión única: 15/10/2024 - 18:00

Lugar de celebración

BPM ÉZARO

Categorías: Cultura

Contiños na Biblio

Axenda Cultural - Mar, 15/10/2024 - 18:00

15 de outubro, 18:00
Biblioteca Pública de Ourense - Ourense - Ourense

Sesión de contacontos con actividades relacionadas coa historia narrada. 
Actividade pensada para nenas e nenos de 4 a 6 anos.

Para asistir a ela é necesario facer inscrición previa chamando aos teléfonos 988 788385 e 988788386 desde o venres anterior á actividade.

 

 

Categorías: Cultura

Lémbrame, Spominaj na mnje | Salón Teatro | Estrea

Axenda Cultural - Mar, 15/10/2024 - 18:00

15 de outubro, 18:00
Salón Teatro - Santiago de Compostela - A Coruña

O Salón Teatro acolle a estrea desta peza de marionetas, dentro da carteleira do XXIX Festival Internacional de Galiquecres 2024. Este espectáculo teatral é unha coprodución entre o Centro Dramático Galego e o Deutsch-Sorbisches Volkstheater Bautzen e conta con artistas tanto galegos como alemáns e a intención e darlle valor a dúas linguas: o galego e o sorobio. Realizada no marco do proxecto europeo PHONE, Lémbrame, Spominaje na mnje está dirixida por Tim Heilmann e conta con dramaturxia dos galegos Alba Grande e Borja Insúa. A obra trata sobre un vello muiñeiro e o seu muíño, o avance do tempo ameaza con desprazar e acabar co oficio que foi transmitido de xeración en xeración. Cando a morte chega a súa porta, o muiñeiro escapa comezando así a gran persecución entre o muiñeiro e a morte.

Idades recomendadas: a partir de 10 anos
Duración: 45 minutos
Técnica: monicreque de mesa, obxecto, máscara e teatro
Idioma: galego e sorobio (sorbisch)

Venda de entradas: https://pago.ataquilla.com/#/event/X3AGPVA7/session/1T6NHYDBS

 

Categorías: Cultura

E a ti... que che contaban?

Axenda Cultural - Mar, 15/10/2024 - 17:30

15 de outubro, 17:30
Biblioteca Pública Municipal de Outes - Outes - A Coruña

Texto de presentación da actividade

E a ti... Que che contaban?: narración oral para público familiar.
"Periquiño me / por aquí non é
por aquí tampouco / entón... Por onde?
Por aquí, por aquí, por aquí..."

E é que Periquiño sempre andaba á procura de novos tesouros, buscando por aquí, por acolá... E era de cando en vez que algún atopaba.

Programa

Contacontos

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración

50 minutos

Sesións

  • Sesión única: 15/10/2024 - 17:30

Lugar de celebración

Biblioteca Pública Municipal Nicolasa Añón de Outes

Categorías: Cultura

Onde viven os monstros

Axenda Cultural - Mar, 15/10/2024 - 17:30

15 de outubro, 17:30
Biblioteca Pública Municipal de Beluso - Bueu - Pontevedra

Texto de presentación da actividade

Nesta historia, chea de humor e diversión, Max crea na súa habitación un mundo imaxinario onde é libre. Libre mesmo para ser monstro, o máis monstro de todos. Na súa aventura, desafía aos seus propios medos, a frustración, a rabia, a incomprensión ou o temor ao rexeitamento. Finalmente, atopar en falta o amor da súa nai faino regresar a casa e comprende que sempre hay que respectar aos demais.

Programa

Ler conta moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (de 3 a 11 anos)

Duración

50 minutos

Sesións

  • Sesión única: 15/10/2024 - 17:30

Lugar de celebración

Biblioteca Municipal de Beluso (Bueu)

Categorías: Cultura

Onde está o vento?

Axenda Cultural - Mar, 15/10/2024 - 11:45

15 de outubro, 11:45
Axencia de Lectura Municipal de Tordoia - Tordoia - A Coruña

Texto de presentación da actividade

Espectáculo de contacontos musical con monicreques de gomaespuma e cancións populares cantadas en directo con base instrumental.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración

40 minutos

Sesións

  • Sesión única: 15/10/2024 - 11:40

Lugar de celebración

AULA DE LECTURA MUNICIPAL

Categorías: Cultura

Captación de voz en galego para o Proxecto Nós

Axenda Cultural - Mar, 15/10/2024 - 10:00

15 de outubro, 10:00
Aula de Informática (Campo da Feira, s/n) - Tomiño - Pontevedra

O Proxecto Nós é un proxecto impulsado pola Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia que busca que todo tipo de dispositivos electrónicos poidan “entender” e “falar” a lingua galega e que calquera galego ou galega poida empregar con total normalidade a súa lingua, por exemplo, cando lle dá unha orde ao GPS do coche, cando fala cun asistente de voz -como SIRI ou ALEXA-, cando se xeran subtítulos de contidos audiovisuais de forma automática, cando lle quere ditar ao seu procesador de texto, cando pide unha cita no médico ou quere facer unha xestión no banco.

Para conseguilo é preciso facerse previamente cunha grande cantidade de texto e audio en lingua galega que permita un axeitado adestramento dos algoritmos do sistema. Para iso, o Proxecto Nós está a empregar dúas vías fundamentalmente: unha a través de captación de voces en liña nesta web e outra trasladándose fisicamente a diferentes concellos galegos para recoller a voz da veciñanza que desexe colaborar co proxecto en horario de 10:00 h a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h. Anímate e doa!

Categorías: Cultura

Onde viven os monstros

Axenda Cultural - fai 0 seg

14 de outubro, 18:30
Axencia de Lectura Municipal de Castrelo - Cambados - Pontevedra

Texto de presentación da actividade

Nesta historia, chea de humor e diversión, Max crea na súa habitación un mundo imaxinario onde é libre. Libre mesmo para ser monstro, o máis monstro de todos. Na súa aventura, desafía aos seus propios medos, a frustración, a rabia, a incomprensión ou o temor ao rexeitamento. Finalmente, atopar en falta o amor da súa nai faino regresar a casa e comprende que sempre hay que respectar aos demais.

Programa

LER CONTA MOITO

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (de 3 a 11 anos)

Duración

50 minutos

Sesións

  • Sesión única: 14/10/2024 - 18:00

Lugar de celebración

ALM CASTRELO

Categorías: Cultura

Taller de maxia o Charly e a fábrica de sonos

Axenda Cultural - fai 0 seg

14 de outubro, 18:30
Biblioteca de Oseiro Dora Vázquez - Arteixo - A Coruña

Texto de presentación da actividade

Taller de maxia:
Os nenos aprenderán que de cada libro lido sacamos un obxecto especial que se pode converter en maxia nun dicir amén.

Charly Braun e a fábrica de sonos:
Basada no libro Charly e a fábrica de chocolate. Qué pasou con ese neno que entrou a fábrica de Willy Wonka e este regalloulla? Unha aventura deliciosamente máxica, dinámica e moi divertida.

Programa

Contacontos de setembro a decembro

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (3-99)

Duración

45 minutos

Sesións

  • Sesión única: 14/10/2024 - 18:30

Lugar de celebración

Biblioteca Dora Vázquez, Oseiro (Arteixo)

Categorías: Cultura

Zapatiños de cartón e a carta dos bosques

Axenda Cultural - fai 0 seg

14 de outubro, 18:00
Axencia de Lectura Municipal de Dumbría - Dumbría - A Coruña

Texto de presentación da actividade

Zapatiños de Cartón, o avó do Carballo con Botas, chega a biblioteca portador dunha carta dos bosques para que nenas e nenas aprendan a camiñar polas historias para coidar da tera que gardan os libros, Grazas aos libros podemos coñecer a coidar de teixos, freixos, bidueiras..., porque as bibliotecas son bosques xa que os libros algún dia foron árbores.

Programa

Outono na biblioteca

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil
  • Público infantil (Publico familiar de 0 a 15)

Duración

50 minutos

Sesións

  • Sesión única: 14/10/2024 - 18:00

Lugar de celebración

ALM Dumbría

Categorías: Cultura

Escritoras da natureza

Axenda Cultural - fai 0 seg

14 de outubro, 18:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña

Celebramos o Día das Escritoras e reivindicamos o seu labor e legado ao longo da historia. Facémolo coa contada “Escritoras da natureza” que recolle contos que chegan desde o baleiro da imaxinación onde xurde todo para descubrir unha parte do que esconde a natureza mediante historias e cantadelas que atraparán tanto a grandes como a pequenos. A actividade está a cargo da escritora e narradora Aroa Viva Voz.

No salón de actos. Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Categorías: Cultura

A incrible historia da maxia

Axenda Cultural - fai 0 seg

14 de outubro, 11:15
Axencia de Lectura Municipal de Portosín - Porto do Son - A Coruña

Texto de presentación da actividade

Con esta conferencia-espectáculo pretendemos espertar o interese pola arte da maxia na xente, e nas persoas que xa son afeccionadas á maxia, achegalos á historia de tan apaixonante e sorprendente mundo. As fantásticas e sorprendentes historias da maxia, irán acompañadas, ás veces coa realización de xogos de magos doutros tempos, e noutras ocasións coa explicación dalgún xogo de maxia.

Programa

Ler conta moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración

75 minutos

Sesións

  • Sesión única: 14/10/2024 - 11:00

Lugar de celebración

Biblioteca Portosín

Categorías: Cultura

Hocus Pocus

Axenda Cultural - fai 0 seg

14 de outubro, 11:15
Biblioteca Pública Municipal de Xove - Xove - Lugo

Texto de presentación da actividade

"Hocus Pocus" é un espectáculo versatil, abertoadaptado a calquer espazo de representación. Está guiado por unha peculiar personaxe "O mago Paco" que fai de cada xogo un momento diferente, nos que @s nen@s son os verdadeiros protagonistas; creando así un espectáculo propio dunha mente infantil: aluocado, ruidoso, dinámico e cheo de sorpresas.
 
 

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración

60 minutos

Sesións

  • Sesión única: 14/10/2024 - 11:00

Lugar de celebración

SALÓN DE ACTOS ANEXO Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DE XOVE

Categorías: Cultura

O dragón de ouro

Axenda Cultural - Dom, 13/10/2024 - 19:00

13 de outubro, 19:00
Auditorio da Xuventude - Cambados - Pontevedra

Unha noite, nun edificio de varios pisos, nalgún lugar de Europa:un mozo chinés sofre unha forte dor de moas na cociña do restaurante de comida rápida Tailandés - Chinés - Vietnamita,O Dragón de ouro. Non ten permiso de residencia e tampouco atopa a súa irmá desaparecida.

No balcón, sobre o Dragón de Ouro,un ancián quere retroceder no tempo mentres a súa neta, grávida, está diante das ruínas da súa relación porque o seu mozo non quere fillos.

No piso de abaixo, un home, deixado pola súa muller, visita ao seu amigo,un tendeiro enigmático que obriga a unha moza chinesa á prostitución. Dúas azafatas comen no restaurante. Unha delas topa e garda unha moa que caeu na súa sopa tailandesa.

Intercalada entre as escenas, está inserida a Fábula da Cigarra (que non gardaba nada no verán) e pídelle á Formiga que lle dea de comer.

Categorías: Cultura
Distribuir contido


by Dr. Radut