Skip to Content

News aggregator

Molto Barroco

Axenda Cultural - Dom, 13/10/2024 - 18:30

13 de outubro, 18:30
Pazo da Cultura - Carballo - A Coruña

Píscore Teatro ofrece a posibilidade de disfrutar, desde o teatro, da música da época barroca, nunproxecto teatral que vén asentado sobre o ton cómico, apartado do academicismo, que inundará todo o espectáculo.

 En Molto Barroco terán cabida pezas clásicas que, por momentos, adquirirán un ton contemporáneo grazas ao xogo escénico, o que facilitará a súa comprensión e, por suposto, disfrute por parte da audiencia, especialmente entre o público máis novo. Ao mesmo tempo, potenciaremos a figurado compositor e organista barroco galego Frei Bartolomé de Olagüe, un artista cun importantísimo legado musical que, desgraciadamente, é un gran descoñecido para o público xeral. Xa por último, no que ao apartado musical se refire, faremos unha clara e decidida reivindicación das mulleres compositoras do barroco, tan inxustamente tratadas na historia da música a pesar do seu enorme talento.

Categorías: Cultura

KYOKI

Axenda Cultural - Dom, 13/10/2024 - 18:00

13 de outubro, 18:00
Edificio Multiusos - Monforte de Lemos - Lugo

A través dunha linguaxe xestual impulsada pola interacción constante co dispositivo escénico, o espectáculo evoca múltiples situacións e personaxes que dun xeito ou doutro todas as persoas podemos recoñecer.

KYOKI significa “demencia” en xaponés e refírese a unha alteración da capacidade para recordar, pensar ou tomar decisións. É certo que adoita verificarse en persoas de idade avanzada, mais quen nunca esqueceu onde colocou a caixa das galletas? Ou por distracción vestiu o xersei do revés? Ou saiu de casa atrasado para o cole sen peitear o cabelo?

KYOKI retrata un deses días catastróficos, máis é tamén unha homenaxe a todas as persoas maiores que asisten cada día ó proceso implacable do declinio das súas capacidades vitaiS

Categorías: Cultura

A Teteira de Kabul

Axenda Cultural - Dom, 13/10/2024 - 18:00

13 de outubro, 18:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra

A Teteira de Kabul é un espectáculo de monicreques dirixido ao público familiar baseado no conto homónimo de Carolina Pujados. A súa protagonista, Mina, é unha nena afgá que ten que abandonar o seu fogar como consecuencia da guerra. Ela e a súa familia emprenden unha longa viaxe na que a pesar das duras condicións irá descubrindo a beleza do tránsito grazas ás historias que lle conta súa nai e que ela garda nunha teteira.

Esta nova proposta de Xarope Tulú, en coprodución coa ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz, fala das vivencias das persoas que se ven na obriga de abandonar o seu fogar a través da súa protagonista, un personaxe inspirado na vida da escritora afgá Nadia Ghulam. A poética dos monicreques permite viaxar a outros lugares e contar a historia desde unha perspectiva construtiva e alentadora.

A Teteira de Kabul foi finalista nos Premios María Casares 2024 na categoría de monicreques.

Categorías: Cultura

Terceiro Acto

Axenda Cultural - Dom, 13/10/2024 - 18:00

13 de outubro, 18:00
Salón Teatro - Santiago de Compostela - A Coruña

As responsables da dirección e dramaturxia desta produción, Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, presentan a proposta deste espectáculo que se representou por primeira vez en 2021 e que se reestrea agora dentro da programación coa que o Centro Dramático Galego celebra este ano o seu 40º aniversario:

"A idea da conversa sempre está moi presente nos nosos espectáculos. Gústanos a idea do teatro como un foro, como un espazo de negociación que serve para tender pontes, para contradicirnos e para achegarnos uns aos outros.

Esta idea de conversación resúltanos profundamente conmovedora e para Terceiro acto, ante a pregunta de como podiamos permanecer vinculados ao pasado, nun tempo no que a fenda entre xeracións é tan grande que parece que non podemos herdar as experiencias dos que nos anteceden, propuxémonos ter unha longa e profunda conversa cun grupo de persoas maiores de 60 anos e que ademais dedicaran a súa vida á arte da interpretación e do teatro.

No camiño atopamos cinco persoas extraordinarias, cinco actrices e actores que se entregaron con absoluta xenerosidade á empresa de utilizar o teatro como un lugar para reencontrarse e reflexionar sobre certas cuestións que foron xurdindo ao longo do proceso e converténdose en relevantes. Reflexionamos sobre ese esplendor vital que emana moitas veces do que poderiamos dar en chamar "o terceiro acto dunha vida", preguntámonos como é o proceso de irse facendo maior, falamos dos anhelos, das perdas, dos soños que lles quedan por cumprir dentro e fóra dun escenario, do lugar onde nos coloca a sociedade ao írmonos facendo maiores. Xuntos, lembramos e reflexionamos sobre días pasados, analizamos o impacto da arte na vida destes cinco artistas e buscamos comprender como a historia destas mulleres e homes foi atra vesada pola Historia con maiúscula. Cinco persoas que naceron nunha ditadura e que na súa mocidade creron que podían comezar de cero e loitar por un novo mundo. En Terceiro acto analizamos tamén o seu legado e formulamos hipóteses sobre como será o mundo cando eles xa non estean.

Neste momento no que a historia corre a una velocidade endiañada, detémonos para escoitar atentamente, nunha especie de soño poético, a aqueles que van diante de nós, os gardiáns da memoria"

Dirección e dramaturxia: Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez

ELENCO

Belén Constenla, César Cambeiro, César Goldi, Fernando Morán e María Costas

EQUIPO ARTÍSTICO

Escenografía Marta Pazos

Vestiario Yaiza Pinillos

Coreografía Amaya Galeote

Iluminación Miguel Ruz

Axudante de dirección Laura Míguez

Axudante de escenografía Carmen Triñanes

Venda de entradas:  https://entradas.ataquilla.com/é/ventaentradas/teatro/46-salon-teatro-/x3aggskk-terceiro-acto-do-cdg

Categorías: Cultura

O lapis de Martín

Axenda Cultural - Dom, 13/10/2024 - 12:15

13 de outubro, 12:15
Biblioteca Pública Municipal de Catoira - Catoira - Pontevedra

Texto de presentación da actividade

Os pais de Martín mercábanlle  agasallos, pero nunca estaba contento. Unha tarde atopouse  coa súa  amiga Martiña e descubriu cómo deixar de estar aburrido. Martín aprendeu a xogar co lapis máxico e a probar os milleiros de posibilidades que ten, empregar a imaxinación.
 
Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (400000000)

Duración

50 minutos

Sesións

  • Sesión única: 13/10/2024 - 12:00

Lugar de celebración

Biblioteca Municipal de Catoira

Categorías: Cultura

El nadador de aguas abiertas, de K. Producciones e Tanttaka Teatroa (EUS)

Axenda Cultural - Sáb, 12/10/2024 - 20:30

12 de outubro, 20:30
Auditorio Municipal - Vimianzo - A Coruña

Son dous… pero non son parella. Aínda que o poida parecer en ocasións.
Son dous e son homes. Aínda que lles sobra tenrura e ganas de pasalo ben.
Son dous e vas rir con eles. Se cadra ata os queres adoptar. Pódese falar.
Son dous e necesítanse. Aínda que non o saiban.
Son dous en cartel, pero moitos no escenario. Halo entender cando o vexas.
Son dous e co mar forman un trío. Se es de Praia, sabes do que che estou a falar.
Son dous e despois de os coñecer, valos botar en falta.

Espectáculo candidato a 6 Premios Max 2024.

Categorías: Cultura

Cortello de Amor

Axenda Cultural - Sáb, 12/10/2024 - 20:00

12 de outubro, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra

Jack e Rose, unha parella que ronda a trintena e que levan xuntos dende a adolescencia, van a un concerto do seu grupo favorito, Grande Amore, nunha praza céntrica a carón do seu piso. Logo dunha festa memorable que paraliza a cidade pola afluencia masiva de público, os membros do grupo non conseguen arrincar a súa furgoneta. Rose e Jack, fans incondicionais, non o dubidan e deciden ofrecerlles a súa casa para pasar a noite, e durmir eles dous no faiado. 

 Durante esa noite no rocho, descubren que a súa paixón reavívase neste pequeno espazo. Encantados coas marabillas do faiado, teñen a idea de sacar uns cartos extra alugando a turistas o seu céntrico apartamento na zona vella dunha senlleira cidade galega, mentres eles aproveitan para pasar tempo no faiado, ao que chaman “niño de amor”, reconectando como parella. 

 Todo vai sobre rodas mentres os nosos protagonistas acumulan cartos e soños de futuro, pero a todo porco lle chega o seu San Martiño: coa fin do verán os ingresos baixan, a falta de espazo persoal ameaza con dinamitar a súa relación, a súa veciña anciá, dona Virtudes (que apreza moito o silencio, e ten algúns problemas de paranoia) parece disposta a facerlles a vida imposible, e o negocio de turismo porcino (un resort de natación con porcos nas Rías Altas) no que Jack investíu os cartos gañados, anúnciase un fracaso absoluto. 

 Jack e Rose veranse, entón, abocados a tratar de non afogar nun naufraxio que eles mesmos causaron. Terán que enfrontarse ao feito de que o seu niño de amor é un cortello, e todo o que fixeron, probablemente, unha merda.

Categorías: Cultura

Candlelight: Lo mejor de ABBA

Axenda Cultural - Sáb, 12/10/2024 - 19:00

12 de outubro, 19:00
Campillo de San Francisco, 3 - Santiago de Compostela - A Coruña

Unha experienca única á luz das candeas
Programa Candlelight: Lo mejor de Abba

  • Dancing Queen
  • SOS
  • Money, Money, Money
  • The Winner Takes it All
  • Voulez-Vous
  • Angeleyes
  • Waterloo
  • Fernando
  • Knowing Me, Knowing You
  • Chiquitita
  • Lay All Your Love On Me
  • Super Trouper
  • Mamma Mia

Categorías: Cultura

Cambi@ Contos: Filipa cos contos

Axenda Cultural - Sáb, 12/10/2024 - 18:15

12 de outubro, 18:15
Biblioteca Pública Municipal do Rosal - O Rosal - Pontevedra

Texto de presentación da actividade

Cámbiache o conto! E si a princesa xa non quixese ser princesa? E si o lobo atrapase a un neno e o garda forestal fose unha muller? E si a guerreira tivese que rescatar ó príncipe? Cambiamos as personaxes dalgunhas historias ben coñecidas e démoslle un pequeno xiro de guión a outras. Queres saber como queda o conto? Con Filipa e Fran, vas "filipar"!

Programa

REBULIDEIROS - Programa de dinamización da lingua galega do Rosal

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (entre 4 e 12 anos)

Duración

50 minutos

Sesións

  • Sesión única: 12/10/2024 - 18:00

Lugar de celebración

PRAZA DO CALVARIO, O ROSAL

Temática

Igualdade e violencia de xénero

Categorías: Cultura

Historia dunha gaivota

Axenda Cultural - Sáb, 12/10/2024 - 18:00

12 de outubro, 18:00
Biblioteca Pública Municipal de Burela - Burela - Lugo

Texto de presentación da actividade

Zorbas, un gato de porto adoptado por unha familia, adopta case por obriga un ovo de gaivota e promete coidalo e ensinar ao poliño a voar.
Aprenderá moito sobre gaivotas, e xunto aos seus amigos do porto, conseguirá meterse na "pluma" do poliño. A pequena gaivota, quere ser gato e non ten intención de voar.
Conseguirá Zorbas cumprir a súa promesa?
Contacontos con bonecos artesanais de madeira.

Programa

non

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (3 a 12)

Duración

50 minutos

Sesións

  • Sesión única: 12/10/2024 - 18:00

Lugar de celebración

Auditorio da Casa da Cultura

Categorías: Cultura

Rock and magic

Axenda Cultural - Sáb, 12/10/2024 - 18:00

12 de outubro, 18:00
Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros - Muros - A Coruña

ROCK & MAGIC é o resultado de 30 anos de maxia e Rock & Roll. Un  novo espectáculo que mestura as dúas principais paixóns do Mago Teto: o rock e a maxia.  Era cuestión de tempo unilas e sumar ao noso repertorio un espectáculo cargado de ilusións, ritmo, humor e moita moita moita tralla.

Un espectáculo con música interpretada en directo: hits, temazos e verdadeiros incunables que os maiores levamos gravados a lume na nosa memoria e temos que dar a coñecer ás nosas crianzas.

Categorías: Cultura

Terceiro Acto

Axenda Cultural - Sáb, 12/10/2024 - 18:00

12 de outubro, 18:00
Salón Teatro - Santiago de Compostela - A Coruña

As responsables da dirección e dramaturxia desta produción, Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, presentan a proposta deste espectáculo que se representou por primeira vez en 2021 e que se reestrea agora dentro da programación coa que o Centro Dramático Galego celebra este ano o seu 40º aniversario:

"A idea da conversa sempre está moi presente nos nosos espectáculos. Gústanos a idea do teatro como un foro, como un espazo de negociación que serve para tender pontes, para contradicirnos e para achegarnos uns aos outros.

Esta idea de conversación resúltanos profundamente conmovedora e para Terceiro acto, ante a pregunta de como podiamos permanecer vinculados ao pasado, nun tempo no que a fenda entre xeracións é tan grande que parece que non podemos herdar as experiencias dos que nos anteceden, propuxémonos ter unha longa e profunda conversa cun grupo de persoas maiores de 60 anos e que ademais dedicaran a súa vida á arte da interpretación e do teatro.

No camiño atopamos cinco persoas extraordinarias, cinco actrices e actores que se entregaron con absoluta xenerosidade á empresa de utilizar o teatro como un lugar para reencontrarse e reflexionar sobre certas cuestións que foron xurdindo ao longo do proceso e converténdose en relevantes. Reflexionamos sobre ese esplendor vital que emana moitas veces do que poderiamos dar en chamar "o terceiro acto dunha vida", preguntámonos como é o proceso de irse facendo maior, falamos dos anhelos, das perdas, dos soños que lles quedan por cumprir dentro e fóra dun escenario, do lugar onde nos coloca a sociedade ao írmonos facendo maiores. Xuntos, lembramos e reflexionamos sobre días pasados, analizamos o impacto da arte na vida destes cinco artistas e buscamos comprender como a historia destas mulleres e homes foi atra vesada pola Historia con maiúscula. Cinco persoas que naceron nunha ditadura e que na súa mocidade creron que podían comezar de cero e loitar por un novo mundo. En Terceiro acto analizamos tamén o seu legado e formulamos hipóteses sobre como será o mundo cando eles xa non estean.

Neste momento no que a historia corre a una velocidade endiañada, detémonos para escoitar atentamente, nunha especie de soño poético, a aqueles que van diante de nós, os gardiáns da memoria"

Dirección e dramaturxia: Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez

ELENCO

Belén Constenla, César Cambeiro, César Goldi, Fernando Morán e María Costas

EQUIPO ARTÍSTICO

Escenografía Marta Pazos

Vestiario Yaiza Pinillos

Coreografía Amaya Galeote

Iluminación Miguel Ruz

Axudante de dirección Laura Míguez

Axudante de escenografía Carmen Triñanes

Venda de entradas:  https://entradas.ataquilla.com/é/ventaentradas/teatro/46-salon-teatro-/x3aggskk-terceiro-acto-do-cdg

Categorías: Cultura

Candlelight: Tributo a Coldplay

Axenda Cultural - Sáb, 12/10/2024 - 17:00

12 de outubro, 17:00
Campillo de San Francisco, 3 - Santiago de Compostela - A Coruña

Unha experienca única á luz das candeas
Programa Candlelight: Tributo a Coldplay

  • Clocks
  • Shiver
  • Speed of Sound
  • Trouble
  • Fix You
  • Paradise
  • Something Just Like This
  • Yellow
  • My Universe
  • The Scientist
  • Sky Full of Stars

Categorías: Cultura

Neura en Santa Comba

Axenda Cultural - Ven, 11/10/2024 - 21:30

11 de outubro, 21:30
Edificio Multiusos de Santa Comba - Santa Comba - A Coruña

NEURA é unha comedia que aborda o tema da saúde mental, iso si, con minúsculas. Os nosos protagonistas conviven con teimas propias e alleas. Tentan agochar algunhas, exhiben outras orgullosos, en ocasións búscanlles tratamento, pero sempre sofren por elas.

Neura non é unha comedia romántica: Edu e Sonia, xa viviron no pasado a súa historia de amor e desamor que terminou precisamente por mor deses pequenos trastornos. Non son amigos, non son amantes. Son esa categoría difusa á que chamamos ex. Xente da que sabemos ata o seu grupo sanguíneo, pero coa que actuamos como perfectos descoñecidos.

Os azares da vida fan que volvan atoparse en distintas circunstancias. Obrigados unha vez máis a poñer a proba a compatibilidade das súas neuras. Con todo, a evolución de cada un por separado, durante estes anos, a través de diferentes terapias e pseudo-terapias fai que se reencontren cunha versión actualizada da persoa á que coñeceron.

Situacións novas e sorprendentes que nos farán viaxar dun xeito hilarante a través do mundo dos trastornos e a saúde mental. Un camiño afastado de preconceptos caducos, que confronta con sinxeleza as múltiples alteracións da personalidade. Manías das que ninguén se libra, por moito que as ocultemos ou sexan tabú.

Neura é unha comedia neurótico-festiva na que todos e todas nos veremos reflectid@s

Categorías: Cultura

Neura Teatro en Santa Comba

Gran Gala Internacional “Galicia Ilusiona”

Axenda Cultural - Ven, 11/10/2024 - 21:00

De 11 de outubro a 12 de outubro
Avenida do Burgo das Nacións - Santiago de Compostela - A Coruña

Chega a terceira edición do Festival Mundial de Ilusionismo Galicia Ilusiona. Unha selección dalgúns dos mellores e máis premiados ilusionistas do planeta reunidos sobre un mesmo escenario. A gala estará conducida polo Mago Murphy (Madrid) e contará cos multipremiados números de Nestor Hato (Francia), Ramó e Alegría (Barcelona), Lore Lavand (Arxentina), Ki Moon Do (Corea) e Jerome Murat (Francia).

Categorías: Cultura

Unha inimiga do pobo

Axenda Cultural - Ven, 11/10/2024 - 21:00

11 de outubro, 21:00
Teatro Lauro Olmo - O Barco de Valdeorras - Ourense

Helena é unha doutora de prestixio internacional que regresa á vila natal para comeza runha nova etapa xunto ao seu compañeiro. Embarazada de cinco meses, afronta o seu novo estado coa ilusión por un novo proxecto profesional co balneario que ela mesma deseñou e que se presenta como un alternativa turística sostible e saudable.
A inesperada contaminación das augas da zona e a súa loita por preservar a saúde da poboación fronteaos intereses económicos van colocala no punto de mira da veciñanza que ve como sepon en risco a prosperidade para toda a comunidade.

Categorías: Cultura

Iribarne

Axenda Cultural - Ven, 11/10/2024 - 21:00

11 de outubro, 21:00
Teatro Municipal - Tui - Pontevedra

IRIBARNE é un tipo nado na mesmísima vila de Rouco Varela (si: o cardeal) durante a Monarquía de Alfonso XIII (o primeiro promotor do cine porno en España?, si-si: ese). Emigrado a Cuba con tan só un aniño -coincidindo con inauguración da ditadura de Primo de Rivera- tras facer as Américas durante un par de anos o noso protagonista volve triunfante para ser o fillo do alcalde (e o da francesa!). Empeza o bacharel coa entrada da II República, case-case se fai cura durante a Guerra Civil pero decide liscar a Madrid -seguindo o rastro doutro galego ilustre- nada máis inaugurada a Era do Devandito (si, claro: O Caudillísimo). Con tanto afán tentou ser como o que máis pronto que tarde chegou a ser Ministro no seu mandato, a pesar de ter disparado dous días antes contra o cu da súa filla (pero que dis!? Si-si: dato real!). Sendo o primeiro e mellor opositor de España, quixo substituír ao Caudillo cando este morreu. Non puido ser: non ía por oposición. Tivo que conformarse co cargo de Vicerrei na súa querida Terra Galega.

Categorías: Cultura

Comandante Lara & Cía - Viaje con nosotros

Axenda Cultural - Ven, 11/10/2024 - 21:00

11 de outubro, 21:00
Rúa do Preguntoiro, 23 - Santiago de Compostela - A Coruña

Viaxe connosco co Comandante Lara & Cía no Auditorio Abanca de Santiago, unha viaxe chea de chascarrilos e risas con Vicente Ruídos e Jesús Tapia como persoal de cabina. #Sentar no teu asento e recibirás as instrucións de seguridade para poder emprender a viaxe cara ao país da gargallada dun modo divertido e fácil. O mellor voo da túa vida.

Categorías: Cultura

Lete Lasa ratifica o compromiso da Xunta co atletismo vigués e coas pistas de Balaídos no centenario do Real Club Celta de Atletismo

Deporte Galego - Ven, 11/10/2024 - 20:48

Destaca o papel de dous piares fundamentais do Celta Atletismo como Manuel de Castro, Hándicap, que fundou o club en 1924 e Alfonso Posada, que o refundou en 1950

Vigo, 11 de outubro de 2024.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou no serán de hoxe da celebración dos cen anos do Real Club Celta de Atletismo, ‘O Noso Centenario’, nun acto no que estiveron presentes numerosos olímpicos do club celeste. Neste sentido, o mandatario galego destacou que, antes da creación da sección atlética do Celta, Galicia non contaba con ningún atleta olímpico e “hoxe xa son 35 os atletas galegos e galegas que suman medio centenar de participacións e éxitos”.

Lete Lasa lembrou aos atletas celtistas olímpicos ao longo da historia e tivo un recoñecemento especial para Carlos Pérez, Rogelio Rivas, Javier Álvarez ou Ramón Magariños as que definiu como catro tótems do atletismo vigués que dominaron este deporte nos anos 60 e sentaron as bases sobre as que camiñan todos os demais. Así, o secretario xeral destacou que, grazas ao traballo de todos, Galicia contou no atletismo destes Xogos Olímpicos de París con sete olímpicos, tres paralímpicos e dúas xuízas.

O responsable de Deportes insistiu, asemade, no papel de dous piares fundamentais do Celta Atletismo. Por unha banda, destacou á figura de Manuel de Castro, Hándicap, que fundou a sección de atletismo do Celta en 1924 tras o seu regreso dos Xogos Olímpicos de París. Pola outra, subliñou a importancia de Alfonso Posada que refundou o club de atletismo en 1950 tras uns anos sen actividade e adestrou aos primeiros celtistas olímpicos.

O secretario xeral para o Deporte resaltou o decidido apoio da Xunta ao atletismo galego e, nomeadamente, as súas infraestruturas como a pista da USC, a pista da AGASP, a primeira pista homologada na Mariña, a mellor pista cuberta de España en Ourense que xa acolleu tres campionatos absolutos ou o módulo cuberto en Ribeira, recentemente inaugurado. No caso de Vigo, lembrou a importancia da posta en marcha do módulo do IFEVI que permite que os atletas olívicos poidan adestrar todos os días do ano e urxiu ao alcalde a comezar, canto antes, a renovación das pistas de atletismo de Balaídos coas que a Xunta ratificou, unha vez máis, o seu férreo compromiso que data de 2014.

Categorías: Deportes
Distribuir contido

by Dr. Radut