Skip to Content

News aggregator

Obradoiro de art oprint e gravado. ReviraVolta

Axenda Cultural - Lun, 24/06/2024 - 09:30

De 24 de xuño a 28 de xuño
- Vigo - Pontevedra

Do 24 ao 28 de xuño en dúas quendas:

  • De 9.30 a 11.30 h.
  • De 12.00 a 14.00 h.

Inscrición dende o 12 de xuño.

Idade: de 7 a 14 anos.

Capacidade: 20 nenos/as en cada quenda.

Sala infantil

Imparte ReviraVolta

Categorías: Cultura

"Están tolos estes romanos!!": aula didáctica de cultura clásica lucense

Axenda Cultural - Lun, 24/06/2024 - 09:30

De 24 de xuño a 28 de xuño
Biblioteca Pública de Lugo - Lugo - Lugo

Esta aula didáctica de cultura clásica é un proxecto de educacion patrimonial e cultural que ofrece a realización dun programa de actividades didácticas e talleres relacionados co mundo clásico, facendo fincapé nos vestixios de Lucus Augusti e arredores.

As actividades programadas desenvólvense cubrindo diferentes eixos temáticos: arqueologia, historia, arte,... tratando os distintos temas dun modo lúdico e divertido, utilizando unha metodoloxía diferente á empregada na educación formal.

A través de xogos, dramatizacións, actividades lúdicas e talleres creativos, os máis pequenos coñecen e experimentan diferentes costume e aspectos da vida dos habitantes da antiga Lucus Augusti, á vez que se divirten e entreteñen dunha forma completamente diferente:

- Como escribían e calculaban os nenos nas escolas.

- Cuales eran as actividades cotiás dos membros da familia.

- Que deuses e deusas, heroes e divindades menores veneraban ou que festas relixiosas celebraban na súa honra ao longo do ano.

- A que xogaban os nenos e nenas no seu tempo libre, que outros xogos de azar gustaban a outras idades.

- Coñecer o mundo dos artistas musivarios e a beleza e dificultade das súas creacións.

- Descubrir os segredos da maxia e as supersticiones dos antigos habitantes de Lucus Augusti.

Para nenas e nenos de 4 a 12 anos (15 prazas)

Duración: de 9:30 a 14:00 h. de luns a venres.

Inscrición previa dende o luns 17 de xuño na sala infanti e no teléfono 982828329

Categorías: Cultura

Fire performance

Axenda Cultural - Dom, 23/06/2024 - 23:00

23 de xuño, 23:00
Praza Sesto Casal - Caldas de Reis - Pontevedra

O lume sempre foi usado en cerimonias de miles de pobos, e culturas dos nosos antepasados. É un elemento sacro, ademais da súa utilidade para a supervivencia esta presente en innumerables rituais visionarios, de sanación, purificación, sabedoría, e de unión. En homenaxe ao sacro lume e todas as tradicións ancestrais facemos unha ofrenda aos deuses do lume de moitas culturas cun espectáculo de lume místico. Con moito ritmo e sen palabras, unha forma misteriosa de transformar as técnicas presente en «Circo de Lume» a un show espiritual, ancestral pero tamén moi contemporáneo. Interpretado por unha parella unida polo amor, o circo e a paixón polo lume, estes dous artistas fan que este espectáculo luza de efectos visuais impresionantes. Son malabaristas e actores xogadores con ampla e longa experiencia no mundo das artes escénicas, dignifican o motivo dos actos con lume.

Categorías: Cultura

A queima da fachada

Axenda Cultural - Dom, 23/06/2024 - 22:00

23 de xuño, 22:00
Peirao de Arcade - Soutomaior - Pontevedra

Un espectáculo onde se conbinan de forma maxistral, rutinas de lume, acrobacia, e dandolle moita importancia as luces e a pirotecnia fria.

Puro dinamismo e acción durante todo o espectáculo. Ideal para tódolos públicos.

Categorías: Cultura

Seráns en Feixóo

Axenda Cultural - Dom, 23/06/2024 - 21:30

23 de xuño, 21:30
Praza de Feixóo - Santiago de Compostela - A Coruña

Sexta edición de Seráns en Feixóo, que como cada ano se celebrará na praza de Feixóo, na zona vella de Santiago de Compostela. Os concertos terán lugar entre o 25 de maio e o 28 de xuño ás 21:30h.
23 de xuño-Cachas&Cousins
Cachas & Cousins xurde do interese dos seus integrantes pola música xamaicana e os  seus ritmos contaxiosos. Estas circunstancias, que unen ás personas no eido musical, arraigaron neles esa pulsión rítmica necesaria para ir emprendendo aventuras na música até chegar a formar esta banda que nace en Santiago de Compostela no 2014
 

Categorías: Cultura

Tutilimundi (Gernika + S.O.S. emerxencia ambiental)

Axenda Cultural - Dom, 23/06/2024 - 21:30

23 de xuño, 21:30
Campo do Rollo - Corcubión - A Coruña

Da modalidade de teatro coñecida como TUTILIUMUNDI na que se representan pequenas escenas teatrais con figuras e decorados animados dentro dunha caixa a unha ou dúas persoas espectadoras en cada pase.
 

Categorías: Cultura
Distribuir contido


by Dr. Radut