Cultura
Real Filharmonía de Galicia - «The Four Seasons Recomposed» | Ópticas contemporáneas 2024
16 de novembro, 20:00
Monte Gaiás, s/n - Santiago de Compostela - A Coruña
A Real Filharmonía de Galicia pecha o ciclo Ópticas contemporáneas 2024 da Cidade da Cultura o 16 de novembro cun concerto especial no que interpretará, baixo a dirección de Baldur Brönnimann, a obra The Four Seasons Recomposed, de Max Richter. O famoso compositor británico-alemán reimaxina neste peza As catro estacións de Vivaldi desde unha aproximación minimalista que combina instrumentación clásica e electrónica.
DIQUE
16 de novembro, 20:00
Auditorio M. Cine Alovi - As Pontes de García Rodríguez - A Coruña
O Dique de Campá de Ferrol foi a obra de enxeñería hidráulica máis importante do século XIX en España. Detrás da súa construción está o traballo invisibilizado de 200 mulleres que desde 1874 pasaron anos retirando 245.000 metros cúbicos de terra e pedras que transportaron en sacos e cestas sobre as súas cabezas. Eran as "cargadoras" e, polo mesmo traballo, cobraban menos que os homes. A todas elas rendimos homenaxe neste espectáculo.
Espectáculo coproducido pola Xunta de Galicia a través do Centro Coreográfico de Galicia da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Patrocina: Vegalsa-Eroski. Colabora: MIT Ribadavia, Concello de As Pontes de García Rodríguez
Terceiro acto
16 de novembro, 20:00
Teatro Principal - Ourense - Ourense
As responsables da dirección e dramaturxia desta produción, Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, presentan a proposta deste espectáculo que se representou por primeira vez en 2021 e que se reestrea agora dentro da programación coa que o Centro Dramático Galego celebra este ano o seu 40º aniversario:
"A idea da conversa sempre está moi presente nos nosos espectáculos. Gústanos a idea do teatro como un foro, como un espazo de negociación que serve para tender pontes, para contradicirnos e para achegarnos uns aos outros.
Esta idea de conversación resúltanos profundamente conmovedora e para Terceiro acto, ante a pregunta de como podiamos permanecer vinculados ao pasado, nun tempo no que a fenda entre xeracións é tan grande que parece que non podemos herdar as experiencias dos que nos anteceden, propuxémonos ter unha longa e profunda conversa cun grupo de persoas maiores de 60 anos e que ademais dedicaran a súa vida á arte da interpretación e do teatro.
No camiño atopamos cinco persoas extraordinarias, cinco actrices e actores que se entregaron con absoluta xenerosidade á empresa de utilizar o teatro como un lugar para reencontrarse e reflexionar sobre certas cuestións que foron xurdindo ao longo do proceso e converténdose en relevantes. Reflexionamos sobre ese esplendor vital que emana moitas veces do que poderiamos dar en chamar "o terceiro acto dunha vida", preguntámonos como é o proceso de irse facendo maior, falamos dos anhelos, das perdas, dos soños que lles quedan por cumprir dentro e fóra dun escenario, do lugar onde nos coloca a sociedade ao írmonos facendo maiores. Xuntos, lembramos e reflexionamos sobre días pasados, analizamos o impacto da arte na vida destes cinco artistas e buscamos comprender como a historia destas mulleres e homes foi atra vesada pola Historia con maiúscula. Cinco persoas que naceron nunha ditadura e que na súa mocidade creron que podían comezar de cero e loitar por un novo mundo. En Terceiro acto analizamos tamén o seu legado e formulamos hipóteses sobre como será o mundo cando eles xa non estean.
Neste momento no que a historia corre a una velocidade endiañada, detémonos para escoitar atentamente, nunha especie de soño poético, a aqueles que van diante de nós, os gardiáns da memoria"
Dirección e dramaturxia: Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez
ELENCO
Belén Constenla, César Cambeiro, César Goldi, Fernando Morán e María Costas
EQUIPO ARTÍSTICO
Escenografía Marta Pazos
Vestiario Yaiza Pinillos
Coreografía Amaya Galeote
Iluminación Miguel Ruz
Axudante de dirección Laura Míguez
Axudante de escenografía Carmen Triñanes
Dirección e dramaturxia Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez
ELENCO
Belén Constenla, César Cambeiro, César Goldi, Fernando Morán e María Costas
EQUIPO ARTÍSTICO
Escenografía Marta Pazos
Vestiario Yaiza Pinillos
Coreografía Amaya Galeote
Iluminación Miguel Ruz
Axudante de dirección Laura Míguez
Axudante de escenografía Carmen Triñanes
Venda de entradas: https://entradas.ataquilla.com/es/ventaentradas/teatro/234-teatro-princi...
A noite xusto antes dos bosques
16 de novembro, 20:00
Auditorio Municipal de Vigo - Vigo - Pontevedra
“O estranxeiro non só é o outro, nós mesmos fómolo ou serémolo, onte ou mañá, ao chou dun destino incerto: cada un de nós é un estranxeiro en potencia.”
Tzvetan Todorov
CINE DE OUTONO
16 de novembro, 19:00
Museo Etnolóxico de Ribadavia - Ribadavia - Ourense
Lugar: Patio do Museo Etnolóxico de Ribadavia
Sesións: 19:00 horas
De balde
Máis información: cineclubepf.eu
- 15 de novembro: AS NEVES. Sonia Méndez. España. 2024. 84 minutos. Versión Orixinal Subtitulada en Galego.
- 16 de novembro: El 47. Marcel Barrena. España. 2024. 110 minutos. Versión Orixinal Subtitulada en Español
- 22 de novembro: O rapto (IL RAPITO) Marco. Bellochio. Italia. 2023. 125minutos. Versión Orixinal Subtitulada en Español.
- 23 de novembro. KNEECAP. Rich Peppiatt. Irlanda. 2024. 105 minutos. Versión Orixinal Subtitulada en Español
Filmes seleccionados e proxectados polo Cineclube Padre Feijoo.
Rock and magic
16 de novembro, 19:00
Auditorio Reveriano Soutullo - Ponteareas - Pontevedra
ROCK & MAGIC é o resultado de 30 anos de maxia e Rock & Roll. Un novo espectáculo que mestura as dúas principais paixóns do Mago Teto: o rock e a maxia. Era cuestión de tempo unilas e sumar ao noso repertorio un espectáculo cargado de ilusións, ritmo, humor e moita moita moita tralla.
Un espectáculo con música interpretada en directo: hits, temazos e verdadeiros incunables que os maiores levamos gravados a lume na nosa memoria e temos que dar a coñecer ás nosas crianzas.
Os Bolechas tocan nunha grande orquestra
16 de novembro, 18:30
Casa da Cultura - Burela - Lugo
FalaRedes trae no tempo do outono unha proposta dirixida a toda a familia na que combinamos o teatro de monicreques coa música, para que nun contexto distendido e alegre os nenos e as nenas poidan gozar de novas experiencias en galego.
Carlos, Pili, Loli, Braulio, Sonia e Tatá, xunto co seu can Chispa, deciden construír un escenario musical despois de atopar unha caixa chea de instrumentos musicais para ofrecer un gran concerto. A medida que as melodías do tambor, a guitarra, o piano ou a frauta soan, aprenden os diferentes estilos musicais e compoñen as súas propias cancións.
Anímaste, xunto cos Bolechas, a experimentar cos instrumentos e crear novos ritmos?
La ratita presumida
16 de novembro, 18:00
TEATRO PASTOR DÍAZ - Viveiro - Lugo
O amor non se pode escoller. Ás veces chega e despois marcha. Ás veces queda para sempre e ás veces non o encontras nunca. Outras, telo tan cerca que nin o ves. A ratiña Martina e o rato Martín son bos amigos. Un día, Martina encontra unha moeda e decide comprar un lazo na mercería do seu amigo Martín. Está tan guapa que empezan a choverlle os pretendentes: o Señor Pato, Don Sapiño, Don Gato... Cal será a mellor elección? A ratiña non se deixará conquistar facilmente, nin Martín permitirá que lle arrebaten o amor da súa vida.
Into the Picture Scroll: The Tale of Yamanaka Tokiwa
16 de novembro, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña
Cativador e experimental, este documental penetra na rica armazón da historia e da cultura xaponesas a través da ollada da arte clásica.
A película desencarta meticulosamente a historia lendaria de Lady Tokiwa, asasinada por uns bandidos cando se dirixía a visitar o fillo samurai, un popular relato no teatro de marionetas inmortalizado en antigos pergamiños pintados hai catrocentos anos e considerados hoxe patrimonio nacional.
HUGO
16 de novembro, 18:00
Forum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
Hugo é diferente. Gústanlle moito os avións e tamén toca o piano. Laia visita a Hugo cada día. A Laia gústanlle falar e as plantas. Hugo ten TEA. A máis recente creación da compañía Os náufragos teatro é Hugo, unha peza teatral que aborda o tema do trastorno do espectro autista na infancia. Unha peza chea de sensibilidade e empatía que fala da da diversidade, da convivencia e da beleza de sermos diferentes. A peza está dirixida polo dramaturgo Gustavo del Río e o texto foi creado co asesoramento e colaboración de ASPERGA, a asociación galega de síndrome de Asperger.
Premio María Casares ao Mellor espectáculo para o público infantil e familiar.
Espectáculo seleccionado en FETÉN 2022
Espectáculo seleccionado en Galicia Escena PRO 2022
Espectáculo recomendado pola rede de teatros vascos SAREA
Paramento de pallabarro
16 de novembro, 16:00
Museo do Castro de Viladonga - Castro de Rei - Lugo
É un obradoiro familiar no que aprenderemos a construir un paramento con pallabarro.
Lugar: Museo do Castro de Viladonga
Data: 16 de novembro en dúas sesións:
- De 11:30 a 13:30 horas
- De 16:00 a 18:00 horas
Máximo de participantes 20 persoas
Inscricións no teléfono: 982 870 160 por rigorosa orde de inscrición.
Carlos Crespo e Kris K DJ
16 de novembro, 14:00
Pavillón da Quexeira. - A Arnoia - Ourense
A música feita en Galicia e en galego está vivindo un momento de excepcional esplendor creativo e de receptividade por parte do público, especialmente da mocidade.
O obxectivo destas sesións é dar a coñecer e celebrar dun xeito ameno e festivo -ao mesmo tempo que a xente baila e se divirte- os principais expoñentes da actual música galega nos seus máis diversos estilos (pop, rock, rap, tradicional, electrónica…), así como aos grupos e artistas que os precederon nas últimas décadas e que foron abrindo camiño, posibilitando chegar ao status actual.
Os Bolechas tocan nunha grande orquestra
16 de novembro, 13:00
Auditorio Municipal - Cedeira - A Coruña
FalaRedes trae no tempo do outono unha proposta dirixida a toda a familia na que combinamos o teatro de monicreques coa música, para que nun contexto distendido e alegre os nenos e as nenas poidan gozar de novas experiencias en galego.
Carlos, Pili, Loli, Braulio, Sonia e Tatá, xunto co seu can Chispa, deciden construír un escenario musical despois de atopar unha caixa chea de instrumentos musicais para ofrecer un gran concerto. A medida que as melodías do tambor, a guitarra, o piano ou a frauta soan, aprenden os diferentes estilos musicais e compoñen as súas propias cancións.
Anímaste, xunto cos Bolechas, a experimentar cos instrumentos e crear novos ritmos?
Non é bruxería, é ciencia
16 de novembro, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña
Aprende ciencia facendo as túas propias pocións da man da bruxa Pinhuxa.
O termo bruxa foi acuñado na Idade Media coa idea de que un ser maligno outorgaba a certas mulleres poderes, fórmulas e artefactos para facer maleficios pero, en realidade, eran as primeiras mulleres con coñecementos de ciencia. Estes non proviñan da maxia, senón da súa propia experiencia e da experimentación con metais, minerais e plantas.
Faremos algún dos esconxuros conservados en vellos papiros exipcios, ou con ingredientes máxicos sacados directamente da botica das bruxas máis reputadas da historia, como o feito con caca de mono e pis de elefante para facer un volcán alucinante.
No salón de actos. Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
Ciencia creativa: experimentos, música e arte
16 de novembro, 12:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés - A Coruña - A Coruña
Obradoiro deseñado para descubrir as fascinantes conexións entre a ciencia e a creatividade, a través da música, a arte, e emocionantes experimentos físicos e químicos.
Este obradoiro busca revelar a relacións intrínsecas entre conceptos científicos e expresións artísticas, ofrecendo aos participantes unha experiencia de aprendizaxe multidimensional, que mostra como a ciencia non só é fundamental para entender o mundo que nos rodea, senón que tamén é unha fonte inesgotable de inspiración para a creatividade e a innovación.
Público infantil de 6 a 12 anos
Espazo de obradoiros da Biblioteca
Duración: 60 minutos
15 prazas
Inscrición previa a partir do 4 de novembro ás 9:00 a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novidades
Unha pompa de xabón
16 de novembro, 12:00
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel - Vigo - Pontevedra
As pompas de xabón son pequenos obxectos que voan e desaparecen nuns segundos, pero e se fose posible construír unha pompa que aparece e desaparece?
O taller expón a construción dun pequeno inchable, no que se poida acceder e experimentar dun espazo tan peculiar.
Idade: de 6 a 12 anos.
Duración: 60 minutos.
Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a propia semana da actividade.
Paramento de pallabarro
16 de novembro, 11:30
Museo do Castro de Viladonga - Castro de Rei - Lugo
É un obradoiro familiar no que aprenderemos a construir un paramento con pallabarro.
Lugar: Museo do Castro de Viladonga
Data: 16 de novembro en dúas sesións:
- De 11:30 a 13:30 horas
- De 16:00 a 18:00 horas
Máximo de participantes 20 persoas
Inscricións no teléfono: 982 870 160 por rigorosa orde de inscrición.
Electricidade e electrónica creativa
16 de novembro, 11:30
Biblioteca Pública de Ourense - Ourense - Ourense
O obradoiro consistirá na realización de experimentos relacionados coa electricidade.
Primeiro traballarase arredor das partículas que forman o átomo para despois facer experimentos usando a electricidade.
Proxectos de papirotrónica (papiroflexia e electrónica)
Prazas limitadas. Para público infantil de 7 a 12 anos. Inscricións dende o 8 de novembro
Ju Young & Martín Otero en concerto
15 de novembro, 22:30
Club Clavicémbalo - Lugo - Lugo
Ju Young e Martín Otero coñécense nos Países Baixos estudando jazz no Conservatorium van Amsterdam. Ambos comezan a actuar xuntos en diversas agrupacións ata que posteriormente forman un dúo co que seguirán actuando en cidades como Ámsterdam e Leiden. Nesta formación exploran as posibilidades dun repertorio jazzístico cun enfoque máis intimista e persoal, dando espazo a outros estilos musicais e, por suposto, a composicións orixinais.
Made in Galiza
15 de novembro, 21:00
Casa da Cultura - Burela - Lugo
Como quen se deixa roubar o seu tesouro máis prezado, a actitude das galegas e dos galegos respecto á súa lingua non "resistiría" nengunha análise. E será que o galego é a lingua máis difícil do mundo? E será de deberemos constituír unha oficina de palabras perdidas? Palabras perdidas, roubadas... Fronte ao "es que no me sale", "es que no se me da" "MADE IN GALIZA" é un convite á República Indenpendente da túa língua. Non imos perdela nin en soños porque co galego imos "ao fin do mundo" e quen o proba o sabe!
A obra de Sende (Padrón, 1972) abre as portas ao humor reflexivo, á poética ao alcance de todo o mundo. Pensando nos nosos espectadores máis novos (a obra está presente como lectura obrigatoria nos centros de Ensino Medio de Galicia), Sarabela quere "comprometerse" con ese universo creado polo autor no que a verdadeira protagonista é a nosa lingua, secundando esta aguerrida proposta na necesaria defensa dese tesouro que é a lingua galega.
A obra escrita por Séchu Sende no ano 2007 foi elixida como Libro do Ano no 2017, e xira ao redor dun tema que ten tanto que ver con nós como sociedade, que está nos alicerces da nosa cultura. Foi Castelao quen dixo: "se aínda somos galegos é por obra e graza do idioma".
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »