Cultura
Cinema Miúdo
De 14 de novembro a 17 de novembro
Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns - Ames - A Coruña
Do 14 ao 17 de novembro, as Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns transformaranse no epicentro do cinema infantil coa celebración do Festival Internacional de Cinema Miúdo. Durante catro días, nenos e nenas de todas as idades poderán gozar dunha programación moi coidad de curtametraxes, talleres, e actividades especiais. As entradas e abonos xa están dispoñibles na Billeteira electrónica do Concello de Ames. O abono para todo o festival ten un prezo de 3 euros.
Esta edición, alcumada As orixes do Cinema, convida á cativada a unha viaxe pola historia da sétima arte, desde os clásicos do cinema mudo ata as animacións máis contemporáneas. Nas sesións Pioneiros da Animación e Pioneiros da Comedia, novidade deste ano, poderemos gozar dos enxeñosos gags de Chaplin, Lloyd e Keaton, e marabillarnos coas técnicas de animación máis rudimentarias e innovadoras.
Selección oficial e xurado
O centro da programación é a Selección Oficial, formada por 52 abraiantes curtametraxes das cales 7 serán proxectadas por primeira vez en España e outras 14 son primicia en Galicia. A selección de curtametraxes procedentes de diversos países permitirá a cativada descubrir realidades culturais distintas e ampliar a súa visión do mundo. As curtametraxes da Selección Oficial están divididas en dous bloques: axóuxeres, para nenas e nenos de entre 2 e 7 anos; e buxainas, para maiores de 7. Tamén haberá sesións especiais para escolares o xoves e venres pola mañá.
Todas as curtametraxes aspiran a alzarse con algún dos seis premios outorgados polo público, o xurado e o equipo de programación. Como novidade nesta edición daranse dous novos premios: un premio escolar, que levará a curta máis aplaudida durante as proxeccións que se fagan nas sesións escolares, e mailo premio Miguel López, O Hematocrítico, que será para aquela curta que teña unha relación directa coa literatura infantil. Miguel López foi membro do xurado na edición anterior de Cinema Miúdo.
Para o premio do público serán os pequenos espectadores os que emitan o seu veredicto ao remate de cada sesión. Por outra banda, cóntase con tres profesionais do sector: o ilustrador de cómics e director de animación, gañador dun Premio Goya, Martín Romero; a directora e animadora portuguesa de filmes de animación, Alexandra Ramires e o director da editorial infantil OQO, Xoán Couto.
A Máquina Fantástica, obradoiro de fotografía analóxica
O obradoiro A Máquina do Fantástica convida ás nenas e nenos de Ames a explorar as orixes da fotografía. O taller terá lugar o sábado 16 na Casa da Cultura de Bertamiráns e o domingo 17 na Casa da Cultura do Milladoiro, ambos a partir das 10:30h. As prazas son moi limitadas e é preciso formalizar a inscrición no mail actividades@abella.gal indicando nome, ideade e teléfono de contacto.
O taller ofrece aos participantes a oportunidade de crear de maneira sinxela e artesanal a súa propia cámara fotográfica estenopeica. Unha estenopeica é unha cámara fotográfica sen lente, que consiste nunha caixa estanca á luz cun pequeno orificio por onde entra a luz, o estenopo, e un anaco de película no que se plasmará a imaxe. A través desta experiencia práctica, os nenos aprenderán como a luz pode transformarse en imaxes dentro dunha caixa escura e como fixar esas imaxes en papel fotográfico utilizando técnicas clásicas de revelado. Ao finalizar a actividade, cada participante poderá levar á casa a súa primeira fotografía revelada como recordo tanxible da súa aventura creativa.
Actuación de Rudi Dudi e concerto interactivo de Caspervek
Ademais de cine, contarase con dúas actuacións nas galas de inauguración e clausura do certame. A inauguración, o venres 15 a partir das 17:00, estará amenizada por Rudi Dudi e o seu espectáculo de comedia xestual.
Na clausura, o domingo 17 ás 18:30h, contarase cun dúo musical moi cinéfilo: Caspervek, que nos levará nunha viaxe pola historia da música no cinema a través dun concerto didáctico e interactivo. Na primeira parte do espectáculo explicarán de xeito práctico a importancia das bandas sonoras, convidando aos asistentes a participar na creación dunha peza. A continuación musicalizarán en directo a mediometraxe Unha semana, de Buster Keaton, o gran xenio da comedia física:.
O Peliculón: ¡Linda quiere pollo!
O filme francés ¡Linda quiere pollo! está considerada unha das mellores películas de animación dos últimos anos e foi gañadora do Premio Césa a mellor Filme de Animación (o equivalente ao Goya no país veciño).
Cun estilo e animación áxiles e animados, Chiara Malta e Sébastien Laudenbach son quen de debuxar un océano de sentimentos a partir dunhas poucas pinceladas de cor, conseguindo transmitir e crear un fermoso vínculo nai-fila.
Festival amigo: GazteFilm Fest
O festival de cinema infantil e xuvenil de Vitoria-Gasteiz, Gaztefilm Fest, preparou unha selección con algunhas das mellores curtametraxes que pasaron polo seu certame.Caracterízase por traer pezas infantís e xuvenís contemporáneas de todo o mundo que non se exhiben nos circuítos comerciais. A súa selección salienta pola súa calidade e polo especial fincapé en temas de solidariedade e empatía entre pobos.
Trátase dunha colaboración especial e importante, que coloca Cinema Miúdo á altura dos mellores festivais de cine infantil de España. Únenos a paixón polo que facemos e o mutuo interese en achegarlle ese "outro cinema" á infancia.
Jungle by Night
13 de novembro, 21:00
Rúa de Concepción Arenal, 5 - Santiago de Compostela - A Coruña
Jungle by Night son sete rapaces holandeses que xuntos forman un directo a ter en conta. Seu sétimo e último álbum de estudo, ‘Algorythm’, serve como unha homenaxe a todos os sons electrónicos.
Poderías chamalo Computer Love, sen non fora todo analóxico. Esta banda de Ámsterdam está formada por unha gran cantidade de sintetizadores, batería, baixo guitarra e percusión realzada por unha trompeta e un trombón. Dende álbums anteriores con máis metais ata un enfoque máis forte no ritmo electrónico no último, van valentemente onde ningunha banda chegou antes e agora atópanse na zona de ricitos de ouro entre a música dance analóxica, o funk, o krautrock, o funk dos 70 e o electro dos 80.
Caring for the Elderly with Dementia
13 de novembro, 20:30
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña
Este é o primeiro de seis documentais que Haneda dedicou a explorar o envellecemento e as negociacións entre cidadáns, autoridades e empresas sobre a práctica dos coidados e o benestar social. Haneda foi pioneira nos anos oitenta en afrontar os problemas da sociedade envellecida antes de que esta noción se popularizase. Aquí introdúcenos na vida diaria dunha institución para pacientes con demencia que defende un enfoque innovador cara aos coidados e á autonomía. A súa cámara non desatende as situacións incómodas, senón que busca abrir ollos e xerar conversas, por dolorosas que sexan.
Física e luz
13 de novembro, 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña
O obradoiro consistirá na realización de experimentos relacionados coa luz. Farase un proxecto da creación de hologramas e como funciona a refracción da luz en diferentes materiais. As persoas participantes levarán para a casa o proxecto realizado cos materiais.
No salón de actos. Para 20 nenas e nenos de 6 a 12 anos. As persoas interesadas poden recoller a entrada no mostrador de información da biblioteca dende 30 min antes do comezo da actividade.
Los destellos
13 de novembro, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña
A vida de Isabel dá un inesperado xiro o día en que a filla Madalen lle pide que visite regularmente a Ramón, que se atopa enfermo. Tras quince anos afastada do seu exmarido, un home ao que ve como a un descoñecido a pesar de que foron familia durante anos, en Isabel comezan a reavivarse resentimentos que cría superados. Con todo, ao acompañar a Ramón no seu momento máis vulnerable, Isabel conseguirá ver con outros ollos o fracaso que viviron para centrarse no presente da súa propia vida.
A sesión do 12 de novembro estará presentada pola directora, nunha charla moderada pola crítica Elsa Tébar, codirectora de Caimán. Cuadenos de Cine.
Copa España: Mombus Obradoiro-C.B.Prat
12 de novembro, 20:30
Rúa Diego Bernal - Santiago de Compostela - A Coruña
Partido de baloncesto da Copa España
Los destellos
12 de novembro, 19:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña
A vida de Isabel dá un inesperado xiro o día en que a filla Madalen lle pide que visite regularmente a Ramón, que se atopa enfermo. Tras quince anos afastada do seu exmarido, un home ao que ve como a un descoñecido a pesar de que foron familia durante anos, en Isabel comezan a reavivarse resentimentos que cría superados. Con todo, ao acompañar a Ramón no seu momento máis vulnerable, Isabel conseguirá ver con outros ollos o fracaso que viviron para centrarse no presente da súa propia vida.
A sesión do 12 de novembro estará presentada pola directora, nunha charla moderada pola crítica Elsa Tébar, codirectora de Caimán. Cuadenos de Cine.
Contiños na Biblio
12 de novembro, 18:00
Biblioteca Pública de Ourense - Ourense - Ourense
Sesión de contacontos con actividades relacionadas coa historia narrada.
Actividade pensada para nenas e nenos de 4 a 6 anos.
Para asistir a ela é necesario facer inscrición previa chamando aos teléfonos 988 788385 e 988788386 desde o venres anterior á actividade.
O MUNDO ESTÁ ROTO PERO PÓDESE CAMIÑAR
12 de novembro, 12:00
Pazo da Cultura - Narón - A Coruña
Antes ou despois, unha brecha vital e emocional ábrese e imponse entre pais e fillos. No caso desta obra, a ausencia da nai desencadena unha fase que complica a comunicación entre un pai e a súa filla de dez anos. É entón cando o pai recurre á literatura para restablecer as pontes coa filla. O obxecto da obra é mostrar a biblioteca como unha sucesión de ventás abertas ao mundo. Máis alá dun mero contedor de libros, a biblioteca reivindícase como un espazo de gozo poderoso que ensancha a mirada e que nos axuda a coñecernos e a vivir mellor. A biblioteca é unha protagonista máis, un hospital da alma, un espazo máxico en si mesmo; refuxio e, ao mesmo tempo, bosque no que perderse. O argumento, a ruptura comunicativa entre pai e filla, irase cosendo a través do itinerario marcado por citas literarias, relatos breves e poemas que o proxenitor lle transmite á súa filla, grazas á axuda da bibliotecaria. Así, o mundo adulto ofrece o extremo dun fío do que a nena se encargará de tirar para chegar ás súas propias conclusións.
O MUNDO ESTÁ ROTO PERO PÓDESE CAMIÑAR
12 de novembro, 10:00
Pazo da Cultura - Narón - A Coruña
Antes ou despois, unha brecha vital e emocional ábrese e imponse entre pais e fillos. No caso desta obra, a ausencia da nai desencadena unha fase que complica a comunicación entre un pai e a súa filla de dez anos. É entón cando o pai recurre á literatura para restablecer as pontes coa filla. O obxecto da obra é mostrar a biblioteca como unha sucesión de ventás abertas ao mundo. Máis alá dun mero contedor de libros, a biblioteca reivindícase como un espazo de gozo poderoso que ensancha a mirada e que nos axuda a coñecernos e a vivir mellor. A biblioteca é unha protagonista máis, un hospital da alma, un espazo máxico en si mesmo; refuxio e, ao mesmo tempo, bosque no que perderse. O argumento, a ruptura comunicativa entre pai e filla, irase cosendo a través do itinerario marcado por citas literarias, relatos breves e poemas que o proxenitor lle transmite á súa filla, grazas á axuda da bibliotecaria. Así, o mundo adulto ofrece o extremo dun fío do que a nena se encargará de tirar para chegar ás súas propias conclusións.
Captación de voz en galego para o Proxecto Nós
12 de novembro, 10:00
Aula CEMIT (Obradoiro Municipal de Emprego, rúa Matosinhos nº1) - Vilagarcía de Arousa - Pontevedra
O Proxecto Nós é un proxecto impulsado pola Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia que busca que todo tipo de dispositivos electrónicos poidan “entender” e “falar” a lingua galega e que calquera galego ou galega poida empregar con total normalidade a súa lingua, por exemplo, cando lle dá unha orde ao GPS do coche, cando fala cun asistente de voz -como SIRI ou ALEXA-, cando se xeran subtítulos de contidos audiovisuais de forma automática, cando lle quere ditar ao seu procesador de texto, cando pide unha cita no médico ou quere facer unha xestión no banco.
Para conseguilo é preciso facerse previamente cunha grande cantidade de texto e audio en lingua galega que permita un axeitado adestramento dos algoritmos do sistema. Para iso, o Proxecto Nós está a empregar dúas vías fundamentalmente: unha a través de captación de voces en liña nesta web e outra trasladándose fisicamente a diferentes concellos galegos para recoller a voz da veciñanza que desexe colaborar co proxecto en horario de 10:00 h a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h. Anímate e doa!
Identificación electrónica
De 11 de novembro a 22 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés - A Coruña - A Coruña
Curso dirixido a persoas que desexen aprender a usar os sistemas de identificación electrónica e sinatura dixital máis habituais: Chave 365, Cl@ve, Certificado electrónico, DNIe.
Datas: Do 11 ao 22 de novembro de 17.00 a 20.00 (30 horas)
Público: xuvenil e adulto
18 prazas
Inscrición a través de formulario web a partir do 28 de outubro
Festa do Magosto
11 de novembro, 11:00
Ourense - Ourense - Ourense
“Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto”, di o refrán. E en Ourense ségueno estritamente. Na súa orixe, o magosto era unha festa arredor do lume e as castañas asadas coa que os galegos honraban as colleitas. O lume nas frías noites de primeiros de novembro convidaba a compartir contos e lendas antigas. A noite é tamén o escenario dos magostos das cuadrillas, que facían lume ao ar libre e entre castañas, chourizos asados, viño tinto novo, cancións e contos continuaban unha tradición cuxos elementos, incluída a queimada final, son símbolos de vida e purificadores.
O carácter diferencial e o arraigo do magosto de Ourense, que ten lugar co gallo da festividade de San Martiño de Tours (padroeiro da cidade) converteuno en 2008 en festa de interese turístico de Galicia. O crepitar das castañas soa en toda a cidade, xa que a festa, popular e espontánea, é celebrada en distintos barrios, no parque da Alameda e nos montes que a arrodean.
Nómade Dúo
10 de novembro, 20:00
A Pousada da Galiza Imaxinaria - Boiro - A Coruña
Rosa Cedrón presenta Nómade, un caderno de bitácora que describe as luces e sombras percorridas nunha travesía cara ao máis profundo da identidade propia.
Gravado en casa de Tolos coa produción de Segundo Grandío e o selo inconfundible de Sergio Moure de Oteyza, Nómade é o terceiro traballo en solitario da artista que, acompañada das súas xa incondicionais Javier Cedrón e Miguel Arthus, bríndanos o resultado dunha viaxe sonora que parte da escuridade das tempestades á serenidade do albor que fortalece, aliviando as feridas pasadas e sanando as presentes.
En Nómade atoparemos un mar de emocións no que poderemos navegar como protagonistas únicos de cada historia contada en cada porto feito canción.
Iribarne
10 de novembro, 19:00
Auditorio Lois Tobio - Gondomar - Pontevedra
IRIBARNE é un tipo nado na mesmísima vila de Rouco Varela (si: o cardeal) durante a Monarquía de Alfonso XIII (o primeiro promotor do cine porno en España?, si-si: ese). Emigrado a Cuba con tan só un aniño -coincidindo con inauguración da ditadura de Primo de Rivera- tras facer as Américas durante un par de anos o noso protagonista volve triunfante para ser o fillo do alcalde (e o da francesa!). Empeza o bacharel coa entrada da II República, case-case se fai cura durante a Guerra Civil pero decide liscar a Madrid -seguindo o rastro doutro galego ilustre- nada máis inaugurada a Era do Devandito (si, claro: O Caudillísimo). Con tanto afán tentou ser como o que máis pronto que tarde chegou a ser Ministro no seu mandato, a pesar de ter disparado dous días antes contra o cu da súa filla (pero que dis!? Si-si: dato real!). Sendo o primeiro e mellor opositor de España, quixo substituír ao Caudillo cando este morreu. Non puido ser: non ía por oposición. Tivo que conformarse co cargo de Vicerrei na súa querida Terra Galega.
Terceiro acto
10 de novembro, 19:00
Auditorio Municipal - Cedeira - A Coruña
As responsables da dirección e dramaturxia desta produción, Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, presentan a proposta deste espectáculo que se representou por primeira vez en 2021 e que se reestrea agora dentro da programación coa que o Centro Dramático Galego celebra este ano o seu 40º aniversario:
"A idea da conversa sempre está moi presente nos nosos espectáculos. Gústanos a idea do teatro como un foro, como un espazo de negociación que serve para tender pontes, para contradicirnos e para achegarnos uns aos outros.
Esta idea de conversación resúltanos profundamente conmovedora e para Terceiro acto, ante a pregunta de como podiamos permanecer vinculados ao pasado, nun tempo no que a fenda entre xeracións é tan grande que parece que non podemos herdar as experiencias dos que nos anteceden, propuxémonos ter unha longa e profunda conversa cun grupo de persoas maiores de 60 anos e que ademais dedicaran a súa vida á arte da interpretación e do teatro.
No camiño atopamos cinco persoas extraordinarias, cinco actrices e actores que se entregaron con absoluta xenerosidade á empresa de utilizar o teatro como un lugar para reencontrarse e reflexionar sobre certas cuestións que foron xurdindo ao longo do proceso e converténdose en relevantes. Reflexionamos sobre ese esplendor vital que emana moitas veces do que poderiamos dar en chamar "o terceiro acto dunha vida", preguntámonos como é o proceso de irse facendo maior, falamos dos anhelos, das perdas, dos soños que lles quedan por cumprir dentro e fóra dun escenario, do lugar onde nos coloca a sociedade ao írmonos facendo maiores. Xuntos, lembramos e reflexionamos sobre días pasados, analizamos o impacto da arte na vida destes cinco artistas e buscamos comprender como a historia destas mulleres e homes foi atra vesada pola Historia con maiúscula. Cinco persoas que naceron nunha ditadura e que na súa mocidade creron que podían comezar de cero e loitar por un novo mundo. En Terceiro acto analizamos tamén o seu legado e formulamos hipóteses sobre como será o mundo cando eles xa non estean.
Neste momento no que a historia corre a una velocidade endiañada, detémonos para escoitar atentamente, nunha especie de soño poético, a aqueles que van diante de nós, os gardiáns da memoria"
Dirección e dramaturxia: Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez
ELENCO
Belén Constenla, César Cambeiro, César Goldi, Fernando Morán e María Costas
EQUIPO ARTÍSTICO
Escenografía Marta Pazos
Vestiario Yaiza Pinillos
Coreografía Amaya Galeote
Iluminación Miguel Ruz
Axudante de dirección Laura Míguez
Axudante de escenografía Carmen Triñanes
Dirección e dramaturxia Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez
ELENCO
Belén Constenla, César Cambeiro, César Goldi, Fernando Morán e María Costas
EQUIPO ARTÍSTICO
Escenografía Marta Pazos
Vestiario Yaiza Pinillos
Coreografía Amaya Galeote
Iluminación Miguel Ruz
Axudante de dirección Laura Míguez
Axudante de escenografía Carmen Triñanes
A Teteira de Kabul
10 de novembro, 18:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
A Teteira de Kabul é un espectáculo de monicreques dirixido ao público familiar baseado no conto homónimo de Carolina Pujados. A súa protagonista, Mina, é unha nena afgá que ten que abandonar o seu fogar como consecuencia da guerra. Ela e a súa familia emprenden unha longa viaxe na que a pesar das duras condicións irá descubrindo a beleza do tránsito grazas ás historias que lle conta súa nai e que ela garda nunha teteira.
Esta nova proposta de Xarope Tulú, en coprodución coa ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz, fala das vivencias das persoas que se ven na obriga de abandonar o seu fogar a través da súa protagonista, un personaxe inspirado na vida da escritora afgá Nadia Ghulam. A poética dos monicreques permite viaxar a outros lugares e contar a historia desde unha perspectiva construtiva e alentadora.
A Teteira de Kabul foi finalista nos Premios María Casares 2024 na categoría de monicreques.
La ratita presumida
10 de novembro, 18:00
Edificio Multiusos - Monforte de Lemos - Lugo
O amor non se pode escoller. Ás veces chega e despois marcha. Ás veces queda para sempre e ás veces non o encontras nunca. Outras, telo tan cerca que nin o ves. A ratiña Martina e o rato Martín son bos amigos. Un día, Martina encontra unha moeda e decide comprar un lazo na mercería do seu amigo Martín. Está tan guapa que empezan a choverlle os pretendentes: o Señor Pato, Don Sapiño, Don Gato... Cal será a mellor elección? A ratiña non se deixará conquistar facilmente, nin Martín permitirá que lle arrebaten o amor da súa vida.
Mujeres: La Dramedia
10 de novembro, 18:00
Rúa do Preguntoiro, 23 - Santiago de Compostela - A Coruña
La Forte (@soylaforte), Irene Junquera (@irenejunquera) e Amagoia Eizaguirre (@habituatea) convídanche a esta exclusiva festa de amigas. Non hai dress code, nin flotadores de unicornios. Tampouco hai almorzos instagrameables, nin rutinas de skin care carísimas. Durante 90 minutos, rajaremos sobre o amor, sobre ser (ou non...) unha Superwoman, sobre o (fuckin) prezo dos aguacates, sobre reinventarse, a autoestima, a culpa e moitas cousas máis. Á fin e ao cabo... non somos Rosalía, Nathy Peluso e Karol G... ou si?
Mujeres: La Dramedia é un show teatral con espírito de programa de televisión. Unha macrofesta de pixamas na que se canta, báilase e arránxase o mundo. Non só te vas a rir, tamén te poderás desafogar. Un espectáculo mellor que calquera pool party, barbacue ou partyboat na que estiveses xamais.
Ven a botarche unhas risas e, se ademais axúdache en algo, pois moza, iso que che levas.
PUM PUM, QUEN HAI?
10 de novembro, 18:00
MULTIUSOS DA XUNQUEIRA - Redondela - Pontevedra
Dúas portas enfrontadas, un novo veciño no edificio, moito por descubrir e moito por aprender. Quen será e de onde virá? Que valores aprenderás véndonos rir e bailar?
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »