try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

eco-reto

ECO-RETO: CONCIENCIAMOS

Este mes de abril toca o ECO-RETO: CONCIENCIAMOS, no noso cole levamos varias xornadas traballando esta idea grazas aos compañeiros de REVITALIZA, que viñeron a lembrarnos a importancia de reciclar, de botar cada cousa no seu lugar e así poder conseguir un planeta máis limpo e saudable.

Tamén recordamos cómo usar o noso composteiro, que residuo orgánico se pode botar nel e cales son os bechiños que axudan a que se forme o compos que logo usaremos na nosa horta.

Foron unhas xornadas nas que participaron todas as aulas, con aprendizaxe e diversión, mezcla que fai que todo quede gravado nas nosas mentes para sempre.

 

 

SEGUIMOS PLANTANDO

E no mes de marzo, continuamos coa plantación na nosa horta, nesta ocasión é o alumado de 4º de primaria os que se animaron plantando amorodos, acelgas e leitugas. Que bo é logo recolectar a nosa propia colleita!!!!

ECO-RETO: PLANTAMOS!!!!

ECO-RETO MARZO: PLANTAMOS!!

 

Tal e como nos propoñen os nosos amigos de VOZ NATURA, este mes o noso cole acepta o ECO-RETO e PLANTAMOS!!! Nesta ocasión é o alumnado de 4º curso os que se adicaron a preparar a súa parte da horta, arrincaron malas herbas, prepararon a terra e sementaron en vasiños de cartón sementes de leitugas e ravos pequenos, a ver se podemos velos crecer e traspantalos máis adiante.

 

 

SEGUIMOS INVESTIGANDO

No cole seguimos investigando!!!! Nesta ocasión foron os pequechos de 6º de infantil os que, coa axuda das súas familias, pescudaron información sobre algúns animaliños do bosque. Logo, mostraron os resultados das súas investigacións ao alumnado de 1º curso de Primaria, quedaron encantados!!!!!

REUTILIZAMOS E PINTAMOS

REUTILIZAMOS!!!!!! Como estamos moi concienciados co coidado do noso planeta, aproveitamos os cartóns do mobiliario novo que chegou ao cole para darlle un novo uso: UN LENZO ONDE PODER PINTAR AS NOSAS OBRAS DE ARTEGuiño

ECO-RETO DECEMBRO: REUTILIZAMOS

Xa chegou decembro e con el o novo ECO-RETO que nos propón VOZ NATURA: REUTILIZAMOS!!!

Nesta ocasión, os pequechos de 6º de infantil reutilizaron as castañas que non se comeron no magosto para facer estas marabillosas obras de arte.

ECO-RETO INVESTIGAMOS

Este mes o eco-reto de Voz Natura é "INVESTIGAMOS", nesta ocasión, o alumnado de primeiro realizou este reto despois de atopar no patio unha libélula, este feito levounos a estudar este animaliño que forma parte da nosa contorna, xa que estamos moi cerquiña do Monte Aloia.

Ademais, logo animamos ao resto dos compañeiros de outras aulas a facer unha investigación  sobre a píntega, xa que descubrimos que este anfibio ten a súa a casiña nunha parte do noso patio escolar.

Aprendimos moitas cousas e sobre a non contaminar as augas, estes bechiños son bioindicadores fantásticos que nos indican que as augas do seu arredor son augas moi limpas.

 

Distribuir contido