O pasado xoves 7 de novembro tivo lugar o noso tradicional magosto coa degustación de castañas asadas e a continuación divertidos xogos que foron a ledicia de pequenos e maiores.
O pasado día 8 de novembro celebramos o Magosto. Pasámolo de medo e comimos unha morea de castañas. Tamén fixemos unha xincana moi divertida no pavillón. Moitas grazas á directiva da ANPA, que trouxo e asou a castañas. Mmmmm... que ricas!