Co obxectivo de acercar a ciencia aos máis pequenos, dúas investigadoras do Laboratorio Internacional de Nanotecnoloxía de Braga, impartiron no centro o obradoiro " MISIÓN NERD ".
Coa realización de sinxelos experimentos , de forma lúdica e participativa, explicaron ao alumnado diferentes procesos físicos e químicos.
Resaltando o feito de ser " científicas e mulleres" animaron a todas as nenas do centro a ser o que elas queiran ser e non o que impoñan " estereotipos de xénero".
Grazas a Lorena e Sara por compartir con nós a súa pasión pola " ciencia".
Momento no que Aarón ,alumno de 5º, participa na realización dun experimento.