try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

saídas

SAÍDA VERDE

O alumnado de 4º e 3º de primaria fixeron unha saída moi enriquecedora á FUNDACIÓN SALES de Vigo, o único xardín botánico da cidade, trátase dun Arboretum, é dicir, lugar onde hai diverdas especies de plantas e árbores de todos os recunchos do mundo.

Observamos nenúfares, bosques de bambús, especies nunca antes observadas e ata plantamos cadaquén a súa leituga que logo levamos aos nosos fogares, pero sobre todo, aprendemos cousas novas sobre o inmenso verde do noso planeta Terra.

Preme no "Play" para ver o video.

 

 

Visita Tui Medieval

O luns, 10 de abril, todo o alumnado de 5º e 6º desprazouse ata Tui para realizar un percorrido, seguindo o Camiño de Santiago , polas rúas de Tui Medieval.

En todo momento monitores de VERDEAZUL, empresa organizadora,  guiaron aos alumnos e alumnas na procura de pistas que lles permitían  chegar á meta , fixada en San Bartolomé de Rebordáns.

 

 

 

Viaxe A Guarda

O alumnado de 5º e 6º ,acompañado polas súas titoras, desprazouse ata A Guarda para realizar unha visita guiada polo castro de Santa Tegra.

 

Piragüismo no Miño

O alumnado de 5º e 6º pasou unha xornada moi divertida nas augas do Miño. Tras unhas breves indicacións por parte dos monitores do club Kayak tudense, os alumnos e alumnas subiron ás piragüas e remaron durante case dúas horas para rematar cun refrescante baño.

 

   

 

    

                                          Unha das saídas máis divertidas do ano!

Visita Pontevedra

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º desprazamonos  ata Pontevedra para realizar unha visita guiada no Museo Provincial.

Como a entrada ao museo era ás 11:30, tivemos tempo para facer un percorrido polas rúas do casco vello e así poder contemplar a impresionante fachada de Santa María a Maior, a planta circular da igrexa da Peregrina ou prazas como a da Leña, as Cinco Rúas ou a da Ferrería.

Xa no museo , a visita guiada resultou  moi interesante e aprendimos unha morea de cousas sobre algúns pintores contemporáneos galegos.

 

       

                   Diante da Peregrina.                                        Polas rúas de Pontevedra.

Visita casco histórico Tui

O  alumnado  de  5º e 6º de EP desprazouse ata  Tui para realizar unha visita

guiada polo casco histórico desta vila.

Esta  saída completa a realizada o curso pasado,  e ten como obxectivo que o

alumnado coñeza a importancia histórica desta vila e os seus monumentos.

 

 

 

 

En Kayak polo Miño

O alumnado de 5º e  6º de EP desprazouse ata o Club Kayak Tudense, para realizar unha xornada de piragüismo.

Ao chegar ás instalacións, os propios deportistas do club explicáronlles  en que consiste esta actividade. A continuación, os alumnos e alumnas montaron nos Kayaks e fundiron as palas na auga do Miño.

Foi unha actividade moi divertida que, coma sempre que se está a pasar ben, se fixo moi curta.

Ninguén quería regresar ao colexio.

Visita polo casco histórico de Tui

O alumnado de 4º e 5º de EP , acompañado  polo rprofesorado  do

centro,realizo uunha visita guiada polo casco histórico da Tui.

O percorrido se iniciou na porta Pia. Na catedral, o alumnado puido observar a

riqueza do seu interior e a beleza do claustro , atentos sempre ás   explicacións

de Sara, a guía. Despois  de  andar  polas  sinuosas rúas  que  nos transportan a

Idade  Media, rematamos o percorrido no convento das Clarisas.

Resultou unha saída moi interesante !!

 

     

 

Distribuir contido