Bo día familas,
En primeiro lugar, o Equipo Directivo do CEIP de Rebordáns prega calma e tranquilidade xa que está a ser moi complicado dar indicacións firmes e oficiais á Comunidade Educativa. As informacións da Consellería estannos a chegar despois do anunciado nos medios de comunicación e con directrices provisionais, polo tanto son susceptibles de modificarse segundo avanzan as horas en función das indicacións das nosas instancias superiores. Agradecemos a vosa comprensión e colaboración que sempre amosades.
Tal e como marcan as medidas a tomar indicadas polo Goberno Central e a espensas de novas directrices por parte da Xunta de Galicia, os/as mestres/as manteranse en contacto coas familias. A información farase chegar a través da páxina web do centro, así como por Abalar. As dúbidas que vos poidan xurdir aclararanse únicamente por vía telefónica (10:00 - 13:00) e por correo electrónico.
O Equipo Docente, así mesmo, quere salientar as seguintes orientacións:
É importante que lle expliquedes ao alumnado que esta situación non corresponde a un período vacacional por iso pregamos que, na medida do posible, tentedes manter hábitos e rutinas propias do período escolar:
1. Erguerse e deitarse no horario habitual.
2. Establecer un horario de traballo para desenvolver as actividades propostas seguindo as indicacións do profesorado. Preferentemente de mañá.
3. Realizar un breve descanso entre tarefas onde o neno/a poida moverse libremente.
4. Horarios estables nos hábitos diarios: comidas, tempo de lecer…
5. Limitar e controlar o uso e contidos de pantallas e buscar alternativas a estas coma xogos de mesa, manualidades, cociña, escoitar música, facer contos, ler…
6. Pódense establecer rutinas de axuda nas actividades da casa: poñer a mesa, recoller, regar as plantas, colocar e ordenar a habitación, decorar…
7. Falade coas vosas fillas e fillos con tranquilidade sobre a situación, facendo que expresen as súas inquedanzas e sentimentos.
AMPLIACIÓN PERÍODO MATRICULACIÓN
Segundo as novas instrucións en relación co COVID-19, amplíase provisionalmente o prazo de presentación, telemática e presencial, de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases. Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.
Aproveitamos para enviarvos un saúdo, así como o noso apoio e agarimo ante tal situación.
#quedanacasa