" Tui: historia e arte ". LIM presentado no proxecto MONUMENTA
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria bota a andar coa segunda edición de Monumenta na catedral de Tui, que se presentou o sábado, 7 de xaneiro, no claustro da catedral. O acto comezou cun percorrido musical polas cantigas de amigo de Martin Codax e outras composicións do seu tempo que ofrecerán Paulina Ceremużyńska –voz, percusión, contrafacta– e Carlos Castro –percusión e salterio–.
Previo a este concerto, alumnos e alumnas do CEIP de Rebordáns, do CEIP Plurilingüe de Guillarei e do CEIP Plurilingüe Nº2 presentaron no claustro da catedral os seus traballos realizados arredor do patrimonio de Tui.