Do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro ábrese o prazo de reserva de praza nos centros adscritos para o curso 2021-2022.
Vai dirixido ao alumnado que remata etapa nun centro escolar e ten que solicitar praza para a seguinte etapa no centro que lle corresponde por adscrición.
Rematamos xa o 1º trimestre deste curso tan complicado.
Non queremos rematar o trimestre sen agradecer a colaboración e o apoio que nos brindáchedes dende o primeiro día do curso. Os vosos fillos/as levan a nosa admiración pola capacidade de adaptación que amosaron, e vós o noso agradecemento pola responsabilidade que, sen dúbida, permitiu que ata o de agora non se dera ningún contaxio no noso centro.
Pola nosa conta, seguiremos a traballar para facer do colexio un lugar no que as medidas de seguridade sexan unha prioridade. Vémonos o día 8 de xaneiro.
O centro xa conta con tres novas Pantallas Dixitais Interactivas (PDI) de nova xeración. Estas pantallas combinan o mellor das pantallas dixitais tradicionais e as tablets.
Do 2 ao 11 de decembro procederase ao reparto de máscaras da Xunta (Orde do 6 de novembro). Son beneficiarias directas as familias ás que se lles proporcionou o cheque de material escolar.
A nai/pai/representante legal de ditos alumnos/as deberán presentarse no centro escolar para recollelas.
MÁSCARAS: 4 UNIDADES DE 35 LAVADOS C/U
HORARIO: DO 2 AO 11 DE DECEMBRO. DE 09:20 A 10:00 E DE 16:00 A 18:00