Skip to Content

Proxectos

OBRADOIRO PINTURA RUPESTRE

Dentro do proxecto de investigación que estamos a desenvolver no centro este curso sobre A PREHISTORIA, os nenos e nenas de infantil participaron nun obradoiro de Arte Rupestre. Raquel e Alicia trasladaron aos rapaces a esta época  cunha dramatización onde se lles explicou a orixe destas manifestacións artísticas e o obxectivo que para aqueles homes e mulleres tiña realizalas. Logo os nenos e nenas aprenderon a facer pinturas mesturando elementos naturais (carbón, lama, frutos, follas, ...). O máis divertido foi empregar estas pinturas naturais na decoración das pedras do patio dos maiores.

A prehistoria

No cole estamos investigando sobre a prehistoria, descubrindo e aprendendo un montón de cousas. Se a ti tamén te interesa o tema, atrévete con estas actividades interactivas!

Prema na imaxe para acceder ao recurso

A BIBLIOTECA RETORNA Á PREHISTORIA!

Non se trata de prescindir dos ordenadores e volver a comunicarnos a través de debuxos nas paredes, pero este ano, todo o cole decidiu voltar a prehistoria, desenvolvendo un proxecto sobre este tema. Comezamos no Entroido con disfraces relacionados: cavernícolas, poboado neolítico, petroglifos... e agora estamos a investigar e coñecer os aspectos máis significativos desta etapa histórica. Na biblioteca  participamos activamente nesta idea organizando unha mostra de materias informativos e de ficción en torno á Prehistoria e tamén ambientámola  coa reproducción dun dolmen, case a tamaño real! Aos nenos e nenas lles encanta entrar dentro e sentarse a ler.

CAVE ART

 

Cando  dende a biblioteca nos propuxeron traballar a Prehistoria, os nenos e nenas de 3º de Primaria estivemos pensando e...,  finalmente  decidimos facer  unha réplica dunha cova prehistorica na clase de plástica.

Fixémola así:

fotografia da cova

1.  Buscamos no ordenador imaxes de pinturas prehistóricas e eleximos unha que nos gustara.

Cantigas de Reises

O día 21 de decembro foi un día especial no cole, era o derradeiro día de clase deste ano e comezabamos as vacacións de Nadal.

Nas últimas semanas estivemos traballando e recollendo entre as familias Cantigas de Reises, cantos tradicionais desta época do ano. Como remate a este traballo tivemos un concerto didáctico no que dous músicos da comarca, Emilio e Gustavo, contáronnos cousas ben interesantes sobre estas tradicións, trasmitidas de xeración en xeración, interpretaron estas cantigas acompañados con instrumentos tradicionais e ata nos atrevimos a acompañalos aprendendo algun destes cantos populares.

UNHA ÁRBORE DE LIBROS

Este Nadal quixemos ambientar a biblioteca empregando materiais  propios: "Libros e enciclopedias". Os nenos e nenas máis pequenos axudaron na súa elaboración e despois de decoralo un pouco... así de chulo quedou! Dende a biblioteca desexamosvos a todos unhas boas festas e un feliz ano 2012 cheo de lecturas inesquecibles!

arbore de Nadal

Vídeo da elaboración

sentímolo, flash non está dispoñible.

MOSTRA MICOLÓXICA

Do día 15 ao 17 de Novembro podedes visitar a exposición de fungos e cogomelos situada  na entrada do colexio. Os exemplares foron aportados polos nenos e nenas. Ao longo do fin de semana moitos deles foron con algún familiar a recollelos polos bosques e prados de Brión. A participación foi numerosa e queremos agradecer a colaboración de todos.

Membros da asociación "Sendeiriña" de Negreira  axudáronnos a organizar a mostra, clasificando e identificando os exemplares. Moitas grazas María, Mari Carmen e Emilio!

fotografia mostra cogomelos

FUNGOS E COGOMELOS

Como remate ao proxecto que nos tivo ocupados este ano, 2011 Ano Internacional dos Bosques, estamos realizando unha serie de actividades sobre fungos e cogomelos. Comezamos cunha serie de charlas de expertos en micoloxía que falarán áos nenos e nenas de cuestións moi interesantes sobre estes elementos tan importante nos ecosistemas das fragas.

O pasado día 3 tivemos a sorte de contar con Mari Carmen e Emilio da asociación Sendeiriña de Negreira, ó día 7 será Xaime Ortega o encargado de introducir ao alumnado do terceiro ciclo no tema, o día 9, Jesús, da asociación micolóxica Refungando de Ribeira falará para os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria.

Os cogomelos: actividades interactivas

Preme na imaxe para acceder as actividades.

AS MÁMOAS DE RAÑALONGA

As imaxes foron cedidas polo profesor Federico Silva Cobas, coordinador do proxecto:

Nas raíces de Brión: AS MÁMOAS DE RAÑALONGA

Distribuir contido


by Dr. Radut