Skip to Content

Proxectos

Samaín 2023

Vaia cole máis terrorífico. O colexio de Pedrouzos mete medo en Samaín!


O alumnado de 1º e 2º de Educación primaria fixeron unha manualidade de Halloween. Spooky!

              

A BIBLIOTECA ABRE DE NOVO AS SÚAS PORTAS.

E por fin... Chegou o día... A biblioteca abriu as súas portas...

Hoxe visitounos para a inauguración Sonia Blanco que veu a presentarnos "A pedra vermella" para os máis pequenos e pequenas do colexio!

   

   

Día de Rosalía de Castro.

O próximo mércores celebraremos no centro "O día de Rosalía de Castro", para ir quentando motores deixámosvos un enlace á canción "Rosalía pequeniña" interpretada por Uxía Senlle.

CHEGA O ENTROIDO!!!

Ola a todas e todos!!.

Comezamos o tempo de entroido!!

Aqui vos deixamos os mandatos que nos envía Landriña, a mascota da biblioteca,  para estes días.

Animádevos!!

DÍA DA PAZ

Este ano tan complicado, queríamos compartir tod@s xuntos os nosos mellores desexos. No patio e reutilizando teas, están as nosas mensaxes de Paz.

SAMAÍN 2020

MOITAS GRAZAS POLA PARTICIPACIÓN!!!

 

Concursos do SAMAÍN 2020.

Desde o Equipo de Biblioteca do CEIP de Pedrouzos, poñemos en marcha os proxectos de "FAI O TEU MONSTRO", Destinado ao Alumnado de Educación Infantil e "RELATOS DE MEDO",Para o alumnado de Educación Primaria).

ANÍMATE E PARTICIPA!!!

CELEBRANDO A PAZ...

 

TODOS SOMOS DIFERENTES, PERO NESTA ESCOLA, VOAMOS TODOS XUNTOS.

 

PORTAS DE MEDO...

Outro ano máis, todas as portas das aulas do centro convertíronse en portadas de contos de medo, que contamos o 30 de outubro.
Ao longo desa semana o alumnado, acompañado polo seus titores percorreron os corredores para ver as portas, e anotarse neses contos.

Os contadores e contadoras foron mestres e mestras do centro, e o noso alumnado volveu disfrutar dunha sesión de medo.

Samaín 2019

Vídeo do Samaín.

Contos de Medo.

Distribuir contido


by Dr. Radut