Skip to Content

Andainas

Andainas

ANDAINAS

As actividades, que se realizaron en torno as andainas reflictense na páxina creada para tal fin.

ELABORACION CARTAZ_4

SENDEIROS POR BRIÓN.

ELABORACIÓN CARTAZ_ 3

UN BO CAMIÑANTE NON DEIXA PEGADA

Cando planificamos unha ruta de sendeirismo, debemos ter en conta unha serie de aspectos que nos axuden a facer a ruta máis fácil e así poder disfrutar plenamente dela.

O alumnado de 5º primaria, elabora un cartaz coas recomendacións do bo camiñante.

 

ELABORACIÓN FOLLETO INFORMATIVO_9

RUTA CASTRO LUPARIO

Seguimos traballando con folletos das rutas. Esta vez toca de novo  a Ruta do Castro Lupario, pero neste caso é elaborado polo alumnado de 3º primaria.

Así, imos coñecendo un pouco máis da historia do noso concello.

E... descubrimos que a personaxe da nosa biblioteca "Lupiña" vén da Raína Lupa.

ELABORACIÓN FOLLETO INFORMATIVO_8

RUTA ONS

Despois de moito traballo, acertos e erros, chegamos a diseñar o noso propio folleto.

Estamos moi impresionados e impresionadas co producto final.

Gústavos?

ELABORACIÓN FOLLETO INFORMATIVO_7

RUTA CASTRO LUPARIO

Cada grupo de clase realiza un folleto. Nesta ocasión, tócalle á ruta realizada ó Castro Lupario, un lugar emblemático e cheo de historia no Concello de Brión.

Recomendamos á toda a vecinanza a achegarse ó Castro para disfrutar das vistas dende o alto do Castro.

 

CARTAZ MOCHILA DO SENDEIRISTA

Todo sendeirista debe levar unha mochila. Analizamos os elementos necesarios para realizar unha ruta e entre eles atopamos a necesidade de levar roupa cómoda, auga, froitos secos, compás, un mapa, un kit de primeiros auxilios, .... entre outros.

ELABORACIÓN FOLLETO INFORMATIVO_6

RUTA TORRES DE ALTAMIRA

O alumnado de 6º curso de Educacion Primaria realiza o folleto informativo do Torres de Altamira.

Investigaron a orixe das Torres de Altamira, unha construcción que forma parte da historia de Brión. As Torres son as ruínas dun castelo medieval que foi a casa da familia Moscoso, famlia poderosa na Idade Media en Galicia.

 

ELABORACIÓN FOLLETO INFORMATIVOS_ 5

RUTA ONS

 

Empezamos a diseñar os nosos folletos a través dunha aplicación informática.

O alumnado de 4º curso de Ed. Primaria, realizou a ruta circular pola parroquia de Ons.

 

        
         

 

                                         

 

DESCRICIÓN DA RUTA

Elaboramos unha descrición da ruta paso a paso,por todos os lugares polos que pasamos, así como de diferentes elementos da arquitectura tradicional (hórreos, cruceiros, lavadoiros,...).

Tamén fixámonos na flora e na fauna do lugar.

Distribuir contido


by Dr. Radut