Tal como se fixara no regulamento electoral, o día 4 de novembro rematou o prazo de presentación de candidaturas á Xunta Directiva da Asociación de Nais e Pais Andaravía. Ao haber menos de 15 persoas candidatas, dáse por concluído o proceso electoral e todas as persoas candidatas que cumpran os requisitos de elixibilidade serán proclamadas membros da dita Xunta.
Examinadas todas as candidaturas e verificado ese requisito, proclámase a nova Xunta Directiva da ANPA, composta polos seguintes membros (ordenados por orde de inscrición):
- Gerardo Uz Rodrigues
- Sonia Díaz Pereiro
- Tania Gutiérrez Patiño
- Puri González Marcos
- Silvia Bermúdez Bande
- Nerea Ferreiro Arcay
- Martín Pérez Rendo
- Olaya Varela Dieste
- M.ª Paula Brizuela Martos
No prazo máximo de 15 días, a partir de hoxe, será convocada unha Xunta Directiva para definir as responsabilidades (Presidencia, Secretaría, Tesouraría e Vogalías).
Aproveitamos esta información para expresarlles o noso agradecemento e gratitude ás persoas que nos acompañaron nos últimos anos e agora cesan como membros da Xunta Directiva. Moitas grazas!