Skip to Content

Edixgal

Seguro para o equipamento E-Dixgal.

Adxuntamos Folleto Informativo coa información referente ás coberturas do equipamento de alumnado que pertence ó marco do proxecto ABALAR-EDIXGAL.No mesmo teñen información sobre as características e cobertura do Servicio Integral de Reparación

 
 

Información para Alumnado E-Dixgal, (5º e 6º de Primaria)

Recomendamos vexades as seguintes páxinas da Consellería de Educación:

Folletos Informativos para as Familias:

Folleto Curso 2024/2025

https://espazoabalar.edu.xunta.gal/sites/default/files/pagina_basica/files/folleto_edixgal_23_24_0.pdf

Páxina xeral do proxecto E-Dixgal

https://espazoabalar.edu.xunta.gal/e-dixgal

 Outros servizos dixitais da Consellería de Educación

 https://espazoabalar.edu.xunta.gal/

 
 

REUNIÓN E-Dixgal Curso 2021. (Familias de 5º que non asistiron á anterior).

ACCESO PARA A REUNIÓN DE EDIXGAL.

 

Pulsa no seguinte enderezo.

https://eduxunta.webex.com/eduxunta/j.php?MTID=m82507834bf203ef3507ec4b177597822

Tamén de pode descargar a aplicación Webex Meetings de Cisco.
Número de reunión:
2734 735 5650

USUARIO: O Nome do neno

CORREO: nonresponder@edu.xunta.gal

O Contrasinal recibirédelo por Abalar Móbil.

Para dúbidas:

tics@pedrouzos.gal

INFORMACIÓN PARA ALUMNADO E-Dixgal, Curso 2021 / 2022

Cada ano, ao comezar o curso, faise unha reunión informativa para as familias de alumnado que cursa 5º ou 6º de Primaria no noso centro. Como ben sabedes, nestes niveis non se dispón de libros de texto senón que fan uso do proxecto E-Dixgal.

Desde o comezo da situación COVID, debido ás medidas que tiñamos que tomar, foinos imposible poder realizar esta reunión. Consideramos importante que teñan coñecemento das condiccións nas que se leva a cabo o mesmo, por elo poñemos á súa disposición o folleto informativo que publica a Xunta de Galicia para informar ás familias, e o vindeiro mércores celebraremos unha videoconferencia para as familias que participan no proxecto.

Recordamos que non son os centros escolares os que redactan estas condiccións, senón que son efectuadas pola Consellería de Educación para todos os centros de Galicia.

Solicitamos lean detidamente o folleto adxunto a esta nova, con especial atención aos puntos 5, 6, 7 e 8. (Este ano producíronse cambios na contratación do seguro voluntario).

Desde o centro recomendamos ás familias que non precisen deste equipamento na casa, que o deixen no centro, e tamén que se contrate un seguro para o ordenador. Este seguro pódese contratar no Servizo Premium ou podedes ver a posibilidade de incluilo nalgún seguro que xa teñades contratado.

Para ver o folleto pulsa na imaxe ou no ficheiro adxunto.

ACORDO DE CESIÓN QUE SE ENVIOU ÁS FAMILIAS:

Hoxe, luns 4 de outubro, enviáronse 2 copias do acordo de cesión a cada familia, unha copia é para o colexio e a outra para a familia que devolveremos selada desde o centro.

Este acordo, segundo indica a Consellería de Educación, debe estar asinado para que os alumnos poidan utilizar o ordenador. (Tanto no centro educativo como na casa).

* Este acordo de cesión Non ten tanta urxencia, xa que de momento non é preciso que usen o ordenador na casa e no colexio estase utilizando desde o primeiro día. Queremos que esteades ben informados antes de entregalo, aínda que tamén é certo que nos anos anteriores non tivemos grandes problemas con este programa.

Lembrade que o mércores, poñeremos unha videoconferencia para que poidades resolver as dúbidas que teñades, despois de ler a información que proporciona a Consellería de Educación.

MÁIS INFORMACIÓN DE E-DIXGAL, ABALARMÓBIL E AULA VIRTUAL:

Para saber máis sobre estes tres aspectos, podedes acceder ao menú titoriais que se atopa no lado esquerdo da nosa páxina web.

Coordinación TIC.

tics@pedrouzos.gal

REUNIÓN E-Dixgal Curso 2020. (Familias de 5º).

ACCESO PARA A REUNIÓN DE EDIXGAL.

Pulsa no seguinte enderezo.

https://eduxunta.webex.com/eduxunta/j.php?MTID=m972bb63d59bc83515e9aff822b5d35b3

USUARIO: O Nome do neno

CORREO: nonresponder@edu.xunta.gal

O Contrasinal recibirédelo por Abalar Móbil.

INFORMACIÓN PARA ALUMNADO E-Dixgal, Curso 2020.

 

 

Cada ano, ao comezar o curso, faise unha reunión informativa para as familias de alumnado que cursa 5º ou 6º de Primaria no noso centro. Como ben sabedes, nestes niveis non se dispón de libros de texto senón que fan uso do proxecto E-Dixgal.

Distribuir contido


by Dr. Radut