INFORMAMOS que o procedemento para o cambio do horario de transporte xa está resolto de forma FAVORABLE nos seguintes términos:
A petición do centro escolar foi reformulada polo servizo de Apoio Aos Servizos Educativos que determina que pode aceptar, cos medios actuais adscritos ao contrato o seguinte:
- Entrada sen modificacións: 9:35h chegada transporte escolar e 09:45h horario escolar.
- Saída transporte escolar despois de comedor: Luns, Mércores, Xoves e Venres: 15:35 h.
- Saída transporte escolar despois de comedor: Martes: 16:20 h.
Polo tanto, esta Dirección Territorial, unha vez vistas as alegacións, resolve:
Autorizar o cambio de horario de transporte escolar solicitado polo CEIP de Pedrouzos (Brión) nos termos das alegacións presentadas pola empresa contratista con data de efectos do inicio do curso escolar 2024/2025.
Dirección.