Organización DESFILE
HORARIOS:
- 10:00h: Apertura de portas do pavillón para as familias con alumnado de INFANTIL, 1º - 2º e 3º de PRIMARIA.
- 10:30h: Comezo do desfile e baile final.
- 11:00h: As familias deben saír do pavillón para que entre a segunda quenda.
- 11:15h: Entrada ao pavillón das familias con alumnado de 4º-5º e 6º de PRIMARIA.
- 11:35h: Comezo do segundo pase do desfile e baile final.
- 12:00h: Remate do FESTIVAL. As familias deben saír do pavillón.
- 12:20h: o pavillón debe quedar baleiro para uso do alumnado do IES.
- 12:30h: o alumnado merendará no centro os produtos aportados polas familias.
A partir desa hora o horario do centro será como decote: saídas ás 14:45h - 15:30h e 16:30h.
As usuarias e usuarios de comedor, AVISADE si o venres non facedes uso do mesmo.
Os dous pases son iguais, participa todo o alumnado do centro e as familias con fillos/as en cursos diferentes debe elixir unha quenda.
LEMBRADE QUE: as fotos e vídeos que se fagan só poden ser para uso doméstico, non se poden publicar en redes sociais, nin facer outros usos con elas.
Desfrutade do Entroido e PASÁDEO BEN!!