Skip to Content

Relixión

NADAL EN PEDROUZOS

Gústanvos os Beléns?. Este ano invitámosvos a visitar o noso "Belén de cine". Un bonito belén mariñeiro montado no recibidor do cole, pola profe de Relixión, Manoly, e a inestimable colaboración do director do Museo do Mar de Noia, Félix González, a quén lle damos as gracias.

Este belén conta con elementos feitos polo alumnado de relixión: casiñas, lavadoiros, fornos... e moitos obxectos cedidos polo Museo do Mar. Ata temos un aeroxenerador!

Esperamos que sexa do voso agrado e desexarvos un bo Nadal e Feliz 2018!!

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ

paz

Este ano 2014, os alumnos de Relixión de 6º de primaria fixemos unhas grullas de papel como símbolo da paz, recordando a Sadako.

Sadako era unha nena xaponesa que sobreviviu a bomba nuclear que foi lanzada en Hirosima (Xapón) na Segunda Guerra Mundial. Aparentemente estaba ben ata que nove anos despois lle detectaron unha grave enfermidade debido a radiación da bomba. No hospital, unha amiga contoulle a historia das mil grullas, unha lenda xaponesa na que narraba que a quen fixera mil grullas de papel os deuses concederíanlle un desexo. Sadako, ilusionada, comezou a facer grullas de papel pero desgraciadamente morreu cando levaba feitas 644 grullas. Os seus amigos remataron as grullas que faltaban para as mil,

Agora tódolos anos, o día da paz no Xapón fan grullas que colocan aos pes da estatua que fixeron no seu honor na Praza da Paz de Hirosima.

Alex Ariza y Miguel Gil

                                                                                                                                                                                                                                                                            6º A

                                                                                                

 Os alumnos de Relixion de primaria elaboraron un mural da paz colaborando co proxecto da biblioteca: Pedrouzos polo mundo.

OS CONTINENTES E O BELÉN

O alumnado de 6º de Primaria e a profe de Relixión decidiron colaborar no proxecto de Pedrouzos polo Mundo cun Belén no que quedasen reflectidos os continentes. O primeiro paso constituiu na creación e a búsqueda de información dalgúns dos monumentos máis significativos de cada un deles; máis tarde as persoas e animais de cada lugar.

Campaña solidaria

No cole sumámonos á campaña de recollida de tapóns de plástico para axudar a Paula, a nena de Boiro que naceu sen sacro e sen dúas vertebras. Os tapóns son recollidos pola profe de Relixión e lévanse á parroquia de Portosin onde os avós da nena os recollen e envianos a unha empresa de Alacante. Os cartos que se obteñan servirán para pagar a operación desta nena en Alemaña. Xa queda pouco para conseguir a meta! No cole levamos recollidos uns 350 kilos!

Un viaje a través de la pintura

Webquest a través de la pintura

Mayo, mes de María

Cazatesoros de María

LOS MANDALAS

   Webquest sobre los Mandalas

Semana Santa

Cazatesoros sobre la Semana Santa

Distribuir contido


by Dr. Radut