Este ano 2014, os alumnos de Relixión de 6º de primaria fixemos unhas grullas de papel como símbolo da paz, recordando a Sadako. Sadako era unha nena xaponesa que sobreviviu a bomba nuclear que foi lanzada en Hirosima (Xapón) na Segunda Guerra Mundial. Aparentemente estaba ben ata que nove anos despois lle detectaron unha grave enfermidade debido a radiación da bomba. No hospital, unha amiga contoulle a historia das mil grullas, unha lenda xaponesa na que narraba que a quen fixera mil grullas de papel os deuses concederíanlle un desexo. Sadako, ilusionada, comezou a facer grullas de papel pero desgraciadamente morreu cando levaba feitas 644 grullas. Os seus amigos remataron as grullas que faltaban para as mil, Agora tódolos anos, o día da paz no Xapón fan grullas que colocan aos pes da estatua que fixeron no seu honor na Praza da Paz de Hirosima. Alex Ariza y Miguel Gil 6º A
|
|
Os alumnos de Relixion de primaria elaboraron un mural da paz colaborando co proxecto da biblioteca: Pedrouzos polo mundo. |
|