Skip to Content

Educación física

XORNADAS DE ACROSPORT

No último trimestre do curso 2018-2019, realizáronse varias sesións adicadas ao acrosport,actividades que resultaron moi motivantes, onde os nenos mostran gran particpación.

 

             

   

                  

VISITA DA CAMPIONA DE TRIPLE SALTO. ALBA CUNS

No mes de Xuño do 2019, Alba Cuns(Clube Atletismo Negreira), no Campionato de España sub-16 por Federacións, consiguiu o ouro, campiona en triple salto con unha marca de 12,27 metros.

Alba Cuns, visitounos en xuño, visita na que comparteu a súa experiencia cos nenos de 5º e 6º, en onde estes mostraron con múltiples preguntas, inquedanzas sobre a súa carreira como deportista.

 

          

ANDAINAS

As actividades, que se realizaron en torno as andainas reflictense na páxina creada para tal fin.

CON DEPORTE, MOITO MELLOR!!

O pasado mércores tivemos unha exhibicición de hockey do Club Patín Berenguela, no que participan nenos e nenas do noso cole.

Tivemos a ocasión de ver unha pequena mostra das categorías, de micros, prebenxamíns, e do equipo de femenino, que este ano foi  campeona da súa categoría. E como non felicitar aos prebenxamíns, que tamén foron campións. Noraboa!!

OS XOGOS POPULARES NO MAGOSTO

No magosto, que se levou a cabo neste ano 2018-2019, o alumnado participou nos diferente xogos populares, que se realizaron para celebrar esta xornada. Conseguindo total participación, diversión e alcanzando obxectivos da Educación Física

 

             


         
        

 

 

               

PROXECTO DAFIS en Educacion Física

O Ceip Pedrouzos ten como proxecto de centro "Sementando unha educación saudables".

O terceiro trimestre  ten como obxectivo á educacion saudable a través do movemento e do exercicio físico.

O Departamento de Educación Física coordina parte das actividades deste proxecto, ademais de participar no programa da Consellería de Educación denominado DAFIS.

 

Curso 2018 / 2019

Espazo reservado para DAFIS

Actividades de sensibilización sobre a discapacidade en Educación Física

Dende a área de Educación física, tratamos de sensibilizar ao alumnado sobre a discapacidade física a través do desenvolvemento de actividades onde os alumnos e alumnas teñen que poñerse no lugar dunha persoa invidente e experimentar as dificultades de movilidade coas que se atopan.

(VER FOTOS)

Visita de Andres Tuñez

Como remate das actividades realizadas o mes de maio en torno ao deporte, tivemos a sorte de contar cun gran futbolista da nosa comarca: Andrés Túñez, xogador do Celta de Vigo e da selección de Venezuela.

Andrés contestou ás preguntas que lle fixeron os rapaces e rapazas sobre a súa vida deportiva.

Na galería podedes ver máis fotos deste día e dos outros convidados este mes: Corbacho do Obradoiro e Alex do Lobelle.

Mes do deporte

Visita de destacados deportistas que militan en importantes equipos galegos ao alumnado do centro no mes do deporte.

A noticia nos medios de comunicación

Distribuir contido


by Dr. Radut