Skip to Content

Normalización

SAMAÍN 2024

Estimadas familias, 

O vindeiro 30 de outubro con motivo do Samaín celebrarase no centro un "Concurso

de Disfraces terroríficos". 

Premiarase a elaboración, a orixinalidade do disfrace e a mellor maquillaxe.  

                                                                                         Convidámosvos a participar!! 

 

                                                       



CHARLA CON BLANCA MILLÁN

O mércores, día 4 de xuño contaremos coa colaboración de Blanca Millán, un referente na práctica do baloncesto a nivel nacional. 

Esta actividade enmárcase dentro do programa de actividades "Mulleres e Mens sana, in corpore sano" que estivemos traballando ao longo deste curso 2023/24.

Agradecer a Blanca a súa presencia,  así como ás familias e ao profesorado que fixo posible organizar esta charla.

blanca miillan

 

                     
 

LETRAS GALEGAS 2024

Hoxe celebramos o día das Letras Galegas. Este ano a homenaxeada é Luisa Villalta.

Dende o CEIP Pedrouzos queremos conmemorar este día e desexarvos que pasedes unha boa xornada.

                    cartaz letras galegas 2024

Ao longo da semana que vén, colgaremos as imaxes coas actividades realizadas para conmemorar este día no CEIP Pedrouzos.

No arquivo adxunto podemos visualizar algunha imaxe da exposición do Día das Letras Galegas

 

8 M_ MENS SANA, IN CORPORE SANO (PARTE 9)

PRESENTACIÓN ÁS FAMILIAS

Un grupo de alumnas de 6º de primaria presenta a  actividade do 8M, ás familias, e compartimos con elas o xogo de pistas.

PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE

 

 

 

8 M_ MENS SANA, IN CORPORE SANO (PARTE 8)

ENTREVISTAS NA RADIO ESCOLAR.

O alumnado de 5º e 6º de primaria, aproveitando que tiñamos na escola a Radio, fixemos unha entrevista a cada unha das nais que participaron na mesa redonda. Foi un placer escoitar as súas experiencias así como o seu coñecemento acerca dos seus ámbitos laborais.

 

    

8 M_ MENS SANA, IN CORPORE SANO (PARTE 7)

MESA REDONDA:" 8 M_ MULLERES VS MENS SANA, IN CORPORE SANO"

Como todos os anos, o día do 8 de marzo realizamos unha mesa redonda na que participan nais da escola para achegarnos as súas profesións, e neste caso, as profesións relacionadas cunha vida saudable.

Así contamos con oito nais que nos axudaron a visibilizar o papel da muller nos ámbitos laborais da saúde tanto física como emocional. 

Queremos agradecer a súa implicación, así como o seu tempo e adicación para participar nesta actividade.

           
 
     
 

  

 

8 M_ MENS SANA, IN CORPORE SANO (PARTE 6)

AGORA TOCA XOGAR.

O venres, día 8 de marzo realizamos o xogo pistas pola escola. Consiste en ir pola escola lendo/vendo os cartaces e intentando solucionar os retos que nos propoñen os nosos compañeiros/as e que están no folletos.

 

  

 

8 M_ MENS SANA, IN CORPORE SANO (PARTE 5)

AGORA TOCA EXPOÑER OS CARTACES

A continuación, expoñemos os nosos cartaces.

       

       

    0 

8 M_ MENS SANA, IN CORPORE SANO (PARTE4)

EMPEZAMOS COS CARTACES

Unha vez rematadas as biografías, empezamos coas cartaces.

Cada clase elaborará un cartaz coa toda a información recollida.

    

  

Distribuir contido


by Dr. Radut