Skip to Content

Normalización

17 DE MAIO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano o día das Letras Galegas, terémolo que pasar confinados e confinadas.

Ricardo Carvalho Calero é o homenaxeado deste ano 2020. Pero a Academia deixa a celebración deste día para o mes de outubro.

Non por iso queremos deixar de celebralo. E  queremos propoñémosvos facer unha celebración colectiva dende os distintos lugares do Concello, lugares onde se atopa o noso alumnado.

MANDATOS ENTROIDO...

Comezamos o tempo de entroido!!

Aqui vos deixamos os mandatos para estes días. Animádevos!!

MAGOSTO 2019

Non foi posible realizar o magosto até o de agora debido ao mal tempo que fixo durante este mes.

Esta semana tampouco se fará, xa que a previsión meteorolóxica é de chuvia.

Agardamos poder facelo na última semana de novembro ou buscar unha alternativa axeitada. En caso de persistir o mal tempo e non poder celebrarse nesa semana, SUSPENDERÍASE definitivamente.

 

Letras na Carballeira 19

A ANPA Andaravía comparte con toda a comunidade o video resume da xornada da LETRAS NA CARBALLEIRA 19, que se celebrou o mércores 15 de maio, homenaxeando a D. Antonio Fraguas

 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdepedrouzos/aulavirtual/pluginfile...

DÍA DE ROSALÍA

O venres 22 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía.

Na entrada do centro estaba agardando aos rapaces e rapazas a mesmísima Rosalía co seu home Manuel Murguía  para agasallarlles con poesías. Logo visitaron ao alumnado de infantil  e recitáronlle algunha das súas poesías.

O alumnado e profesorado do centro fixo ao longo da semana unhas roseiras de fieltro que puxeron ese día como prendedor para homenaxear a esta grande escritora tan vinculada co noso concello.

(galería de fotos)

 

 

COMEZA O ENTROIDO!!!!!!

Atrevámonos a disfrutar dos días previos do Entroido, acudindo ao centro cos seguintes mandatos!

LUNS, 25 febreiro

PARA EMPEZAR BEN A SEMANA

HOXE COMEZARÁS EN PIXAMA...

 

MARTES, 26 febreiro

SE O MARTES,

TE QUERES DIVERTIR,

O XERSEI DO REVÉS

TERÁS QUE VESTIR...               

MÉRCORES, 27 febreiro

HOXE PARA SER ESTRIDENTE,

TRAERÁS OS ZAPATOS DIFERENTES...

 

XOVES, 28 febreiro

PARA NON DESENTONAR

AO COLE DISFRAZADO

TI VIRÁS...

VENRES, 1 de marzo

... E CHEGOU O ENTROIDO,

A DESFRUTAR!!!!

Entrega de Premios. Concurso do Entroido

Entrega de Premios. Concurso do Entroido.

Durante o pasado mes de Febreiro, levamos a cabo un concurso no que o alumnado tiña que asociar os nomes dos disfraces coas localidades de procedencia.

Entre todos os acertados, que foron moitos, celebrouse un sorteo público do que sairon os seis gañadores.

Parabens aos premiados!!!!!

Belén, en repesentación da Biblioteca, e Mingos, en representación de Normalización Lingüística, fan entrega dos agasallos.

Entrega dos premios do Concurso fotográfico "O Outono"

Moitas foron as fotografías presentadas neste certame organizado pola equipa de dinamización lingüística do centro. O xurado, formado por pais e nais, profesorado e persoal non docente o tivo moi complicado para realizar a súa elección, debido a gran calidade dos traballos presentados en torno ao tema proposto "O Outono".

O xefe de estudos, Xoán, e o Coordinador da equipa, Mingos, foron os encargados de facer a entrega dos agasallos.

Parabens aos premiados!!!!!

Ver fotos presentadas ao concurso

 

Distribuir contido


by Dr. Radut