Skip to Content

Novas

E AQUÍ TEMOS A GAÑADORA DA CESTA... NORABOA!!

 

 

Aquí tedes á gañadora do sorteo da cesta... e o vendedor da rifa premiada, Martín.

 

A venda de rifas foi un éxito. Gracias a todos e todas por participar e aos provedores do comedor poa doazón dos produtos...

 

 

 

 

 

 

 

ADMISION ALUMNADO CURSO 2023/24

Todo o alumnado deste centro que solicitou praza no IES de BRIÓN para o curso 2023/24, foi admitido.

Lembren que teñen que formalizar a matrícula no propio IES no prazo do 23 de xuño ao 7 de xullo.

Para máis información, poden chamar ao 881 866 058, ou consultar a súa WEB.

Dirección

ORGANIZACIÓN VENRES 17

- ORGANIZACIÓN ENTROIDO VENRES 17 -

Para o desfile de ENTROIDO do venres 17 teremos os seguintes horarios:

  • 11:00 h.: saída do desfile polo portalón de infantil. Percorrido polas rúas próximas ao centro (ver plano).
  • 12:00 h.: chegada aproximada ao centro pola porta principal.
  • 12:10 h.: baile final na pista vermella do patio.
  • 12:30 h.: remate do festival.

As familias poden ver o desfile ao longo do percorrido e o baile final desde as gradas da pista vermella.

Ao finalizar deberán saír do patio. De seguido, o alumnado irá a outra zona do patio para a merenda-degustación de produtos que aportarán as familias. Cada aula terá a súa mesa nun espazo delimitado do patio.

As fotos e vídeos que se fagan só poden ser para uso doméstico, non se poden publicar en redes sociais.

Desfrutade do Entroido e PASÁDEO BEN!!

OS MANDADOS DO ENTROIDO 2023

E para a próxima semana...

SUSPENSIÓN DO SERVIZO DE BUSES MARTES 17 DE XANEIRO HORARIO DE TARDE

Informamos que a Consellería de Educación comunicounos onte pola tarde que, debido á ALERTA motivada por un fenómeno meteorolóxico adverso para hoxe MARTES 17 de xaneiro, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

"SUSPENSION do transporte escolar EN HORARIO DE TARDE DO MARTES 17 dos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición do interior da Coruña" (Brión está incluido nesta zona).

Polo tanto, ao non dispoñer de viaxe de volta pola tarde desde o centro, todo o alumnado que utilice o servizo de comedor deberá ser recollido á saída do mesmo a partir dás 15:30 h.

As actividades extraescolares de Concello e ANPA, funcionarán con normalidade. Calquer dúbida, prégase se poñan en contacto co organismo pertinente.

O que comunicamos para o voso coñecemento e agradecendo a vosa comprensión e colaboración.

Saúdos.

DIRECCIÓN

BADALADAS 2022!!

Prezadas familias: O vindeiro xoves 22 de decembro, último día deste trimestre, celebraremos no centro unha festa para todo o alumnado simulando as "BADALADAS de FIN de ANO" e tomando as uvas (que substituiremos por gusanitos). Os rapaces e as rapazas que queiran, poderán vir vestidos/as de xeito elegante para dita celebración. Ademáis faremos unha chocolatada e tomaremos rosca para acompañar. Tendo en conta sempre as alerxias e intolerancias alimentarias. Para rematar, todos e todas gozaremos dunha sesión de baile.

PASÁDEO BEN E QUE TEÑADES UNHAS BOAS FESTAS DE NADAL.

EQUIPO DE ACTIV. EXTRAESCOLARES. 

CHEGOU O SAMAIN!!

Animádevos, contamos con vós!!

ANPA ANDARAVÍA - ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022_23


Abrimos a inscrición de actividades extraescolares ofertadas pola Anpa Andaravía, coa esperanza de que a oferta resulte de interese para vós e para as vosas fillas e fillos.

Como en anos anteriores, as actividades teñen un prezo de 13,50€/mes e só se impartirán aquelas nas que haxa máis de 8 crianzas matriculadas. Naquelas actividades que se imparten dous días á semana, pode irse só un día, por 13,50€/mes ou os dous días por 21€/mes. Manualidades e pintura ten un custe a maiores de 25 euros anuais en concepto de materiais e no caso de Robótica o prezo dependerá do número de alumnos/as matriculados e da dispoñibilidade de equipamento por parte do centro.

Este ano, recuperamos tamén Natación escolar, que se impartirá na piscina municipal. Un monitor ou monitora recollerá no centro o alumnado que vaia ao comedor.

Tedes máis información no propio formulario de inscrición.

INSCRICIÓN FORMULARIO ACTIVIDADES

Agardamos que esta proposta vos sexa interesante e útil e agradecémosvos, como sempre, que nos fagades chegar as vosas suxestións ou queixas, sobre este ou outros temas relacionados.

Recibide un cordial saúdo.

Distribuir contido


by Dr. Radut