Skip to Content

ORGANIZACIÓN VENRES 17

- ORGANIZACIÓN ENTROIDO VENRES 17 -

Para o desfile de ENTROIDO do venres 17 teremos os seguintes horarios:

  • 11:00 h.: saída do desfile polo portalón de infantil. Percorrido polas rúas próximas ao centro (ver plano).
  • 12:00 h.: chegada aproximada ao centro pola porta principal.
  • 12:10 h.: baile final na pista vermella do patio.
  • 12:30 h.: remate do festival.

As familias poden ver o desfile ao longo do percorrido e o baile final desde as gradas da pista vermella.

Ao finalizar deberán saír do patio. De seguido, o alumnado irá a outra zona do patio para a merenda-degustación de produtos que aportarán as familias. Cada aula terá a súa mesa nun espazo delimitado do patio.

As fotos e vídeos que se fagan só poden ser para uso doméstico, non se poden publicar en redes sociais.

Desfrutade do Entroido e PASÁDEO BEN!!

AdxuntoTamaño
mapa.jpg590.61 KB


page | by Dr. Radut