Skip to Content

SERVIZO DE MADRUGADORXS. 2020 -21

(Pulsa para ampliar)

Prezadas Familias.

Poñemos a vosa disposición a información relativa ao servizo de MADRUGADORXS. Por razóns organizativas, este ano suprímense os días soltos polo que haberá dúas modalidades: mes completo e medio mes.

Para máis información e para solicitar praza podedes facelo descargando a documentación que figura adxunta a esta publicación. 

Para facer chegar os documentos, podedes facelo a través do email da ANPA ou da empresa adxuntando os documentos necesarios: Declaración Responsable e matrícula. 

Recordade:  

  • Os pagamentos do servizo serán nos 5 primeiros días de cada mes 
  • Ser familia socia da ANPA ou pagar matrícula da actividade.

As familias que non queiran ser socias deberán pagar unha matrícula, que será cobrada pola ANPA no mesmo momento no que se cobren as cotas de socios/as. O medio será a domiciliación bancaria, para o que poremos a vosa disposición unha ficha de inscrición de socios ou ficha de matrícula.

AdxuntoTamaño
Declaración responsable.pdf719.27 KB
Ficha inscripción.pdf443.21 KB
Regulamento Brión.pdf225.82 KB
Protocolo conciliación.pdf944.52 KB


anpas | by Dr. Radut