Skip to Content

Convócanse eleccións para renovar a Xunta Directiva da ANPA Andaravía

A ANPA Andaravía convoca eleccións para renovar a súa Xunta Directiva. O regulamento que rexe o proceso está dispoñible para consulta no taboleiro do centro e pode descargarse nesta ligazón, pero resumímosvos aquí a información fundamental:

1. Elixiranse un máximo de 15 persoas para formar parte da Xunta Directiva da ANPA Andaravía para os cursos 22-23 e 23-24.

2. Todas as persoas socias que estean ao corrente do pagamento dos recibos da ANPA poden participar, como candidatas e como votantes.

3. Para facer efectivo este dereito, deberán asegurarse de figurar no censo electoral que xa está publicado no taboleiro de comunicados do CEIP de Pedrouzos. Calquera reclamación sobre o censo pode enviarse ao correo andaravia.anpa@gmail.com, antes do 30 de novembro.

4. As persoas que desexen presentar a súa candidatura á Xunta Directiva, poderán facelo antes do día 9 de decembro a través deste formulario.

5. No caso de que haxa menos de 15 persoas candidatas, proclamarase automaticamente como xunta directiva e darase por finalizado o proceso electoral.

6. No caso de que haxa máis de 15 persoas candidatas, haberá votacións o día 16 de decembro no CEIP de Pedrouzos.

En calquera caso, antes do Nadal comunicarase ás familias socias a constitución da Xunta Directiva e o reparto de responsabilidades.



anpas | by Dr. Radut