Skip to Content

Proclamación da nova Xunta Directiva da ANPA 2024

Tal como se fixara no regulamento electoral, o día 4 de novembro rematou o prazo de presentación de candidaturas á Xunta Directiva da Asociación de Nais e Pais Andaravía. Ao haber menos de 15 persoas candidatas, dáse por concluído o proceso electoral e todas as persoas candidatas que cumpran os requisitos de elixibilidade serán proclamadas membros da dita Xunta.

Examinadas todas as candidaturas e verificado ese requisito, proclámase a nova Xunta Directiva da ANPA, composta polos seguintes membros (ordenados por orde de inscrición):

  • Gerardo Uz Rodrigues
  • Sonia Díaz Pereiro
  • Tania Gutiérrez Patiño
  • Puri González Marcos
  • Silvia Bermúdez Bande
  • Nerea Ferreiro Arcay
  • Martín Pérez Rendo
  • Olaya Varela Dieste
  • M.ª Paula Brizuela Martos


No prazo máximo de 15 días, a partir de hoxe, será convocada unha Xunta Directiva para definir as responsabilidades (Presidencia, Secretaría, Tesouraría e Vogalías).

Aproveitamos esta información para expresarlles o noso agradecemento e gratitude ás persoas que nos acompañaron nos últimos anos e agora cesan como membros da Xunta Directiva. Moitas grazas!



anpas | by Dr. Radut