Skip to Content

Proxectos

CANDO PECHAS OS OLLOS E PENSAS NA PAZ E , QUE VES?

 

Dende a biblioteca propusimos unha actividade para realizar o día da Paz, este xoves, 30 de xaneiro.

 

No taboleiro da entrada do colexio colocamos esta lenda para que os nenos e nenas escribiran nun post-it o que lles suxire a idea da PAZ. Nas aulas falouse deste concepto e reflexionamos sobre o significado  desta conmemoración.

Como podedes ver na foto, quedouse pequeno o taboleiro para colocar todas as ideas dos nosos rapaces e rapazas!

Pedrouzos Polo Mundo

Este curso estamos a desenvolver un proxecto de investigación titulado "Pedrouzos polo mundo". Queremos aprender e coñecer outras culturas e outros pobos. Cada nivel está traballando sobre un país diferente, investigando  as características e rasgos máis significativos dese país. No pasillo da biblioteca colocamos un Mapamundi xigantesco e nel imos sinalando o país que está a traballar cada curso.

 

 

Unha clase de francés con Pepa Pig

Os alumnos e alumnas do primeiro ciclo desenvolveron este trimestre un proxecto sobre dous países de lingua francesa: Costa de Marfil e Francia.

Rematárono do mellor xeito posible, cunha clase de francés de Carlos Valcarcel Riveiro, profe de didáctica da Universidade de Pontevedra.

A través dun capítulo de Pepa Pig "Las cartas de Papá Noel", Carlos foilles introducindo nesta lingua dunha forma moi divertida. Os nenos e nenas disfrutaron moitísimo con esta actividade. Ao final da clase xa coñecían algunhas palabras do vocabulario de Nadal en francés!

Mercy beaucoup, Carlos!

OS CONTINENTES E O BELÉN

O alumnado de 6º de Primaria e a profe de Relixión decidiron colaborar no proxecto de Pedrouzos polo Mundo cun Belén no que quedasen reflectidos os continentes. O primeiro paso constituiu na creación e a búsqueda de información dalgúns dos monumentos máis significativos de cada un deles; máis tarde as persoas e animais de cada lugar.

Bailamos o "Canadian Barn"

Hoxe estivo no noso colexio Ana, veu a ensinar aos nenos e nenas de terceiro un baile escocés. Eles están a traballar este trimestre sobre o Reino Unido e dentro deste proxecto unha parte importante é coñecer a cultura deste país.

A danza chámase "Canadian Barn". Trátase dunha danza tradicional orixinaria das zonas rurais na que despois do traballo no campo os labregos xuntabanse para divertirse bailando.

Temos uns bailarins magníficos e aquí podedes ver uns anaquiños dos bailes.

Charla sobre Costa de Marfil

O pasado mércores 27 de novembro, visitounos Xosé, o papá de Hans (alumno de 2ºC de primaria). Contounos moitas curiosidades sobre Costa de Marfil,  onde naceu Hans. Aprendemos moitas cousas sobre este país africano e amosamos moita interese.

Moitas grazas Xosé!!

(acceso ao cadeno de viaxes de Hans)

 

Un anaquiño de China

Dentro das actividades do proxecto do noso centro , Pedrouzos polo mundo, os alumnos e alumnas de quinto nivel están a traballar o país chinés. Grazas a colaboración da nosa alumna de quinto Inés e a súa familia recibimos o pasado venres, día quince, a unha alumna chinesa universitaria que veu a darnos unha charla.O seu nome é Catalina.

Blogue de viaxes

 

Este curso imos viaxar moito!

 

Concerto despedida de curso

Alba, Marta, Javier, Daniel, Víctor e Yasin son alumnos do cole e estudantes de música. No recreo ofreceron na biblioteca do cole un pequeno concerto para os seus compañeiros. Interpretaron pezas moi coñecidas como "Piratas do Caribe", "Canon de Pachelbel", "What makes you beautiful" (Tadeo Jones", "o himno galego", unha peza barroca para frauta travesera... ver fotos

Moitas grazas a estes grandes artistas!

OBRADOIRO DE NÓS E CARTAS MARIÑAS

O venres realizamos dous obradoiros relacionados co proxecto documental que estamos a realizar este curso sobre o mar.

Miguel Torres e Manuel Castro ensinaron aos alumnos do segundo ciclo  a facer algún dos maís coñecidos nós como o Chan ou de Envergue, o nó Cabestrinque ou o Ás de guía.

Distribuir contido


by Dr. Radut