Dentro das actividades do proxecto do noso centro , Pedrouzos polo mundo, os alumnos e alumnas de quinto nivel están a traballar o país chinés. Grazas a colaboración da nosa alumna de quinto Inés e a súa familia recibimos o pasado venres, día quince, a unha alumna chinesa universitaria que veu a darnos unha charla.O seu nome é Catalina.
Catalina fixo unha exposición e unha charla espectacular que resultou moi edifiante e atractiva para os nosos alumnos e alumnas. Nesta charla falounos do país en si, as súas provincias, o seu goberno, monumentos e un largo etcétera ademais de falarnos da súa cidade natal. Tamén recibiron unha extensa clase de chinés, na que trataron temas coma saúdos, números , nomes.....incluso Inés animouse a ter unha pequena conversación con ela en chinés.
Os alumnos e alumnas desfrutaron e aprenderon distintos aspectos da cultura chinesa, tomando nota de todo en cada momento e eliminando prexuízos que tiñan sobre este país e as súas xentes. A propia Catalina escribeulles a moitos deles o seu nome en chinés e deixou unha fermosa dedicatoria no noso libro de visitas. Non podemos máis que dar as grazas pola súa colaboración e o trato cos nosos nenos e nenas, foi unha actividade que quedará no noso recordo.
Esperamos que dentro deste proxecto podamos convidar a máis persoas autóctonas dos países que estamos a ver dentro do noso proxecto e nos poidan falar de primeira man das súas vivencias.