Skip to Content

CANDO PECHAS OS OLLOS E PENSAS NA PAZ E , QUE VES?

 

Dende a biblioteca propusimos unha actividade para realizar o día da Paz, este xoves, 30 de xaneiro.

 

No taboleiro da entrada do colexio colocamos esta lenda para que os nenos e nenas escribiran nun post-it o que lles suxire a idea da PAZ. Nas aulas falouse deste concepto e reflexionamos sobre o significado  desta conmemoración.

Como podedes ver na foto, quedouse pequeno o taboleiro para colocar todas as ideas dos nosos rapaces e rapazas!



page | by Dr. Radut