Este curso estamos a desenvolver un proxecto de investigación no centro en torno ao cine: "LUCES, CÁMARA E ACCIÓN!!"
O cine pode considerarse como imaxes fixas que cobran vida ao pasar rapidamente ante as nosas retinas. É unha especie de truco óptico. Comezamos coñecendo e investigando sobre artiluxiós previos ao cine que conseguian dar animación a imaxes, fotografias ou monecos estáticos.
O Taumatropo é un destes xoguetes ópticos, un circulo con unha imaxe en cada lado que ao xirar rapidamente conseguen o efecto de fundir ante os nosos ollos esas imaxes. Ver vídeo
O folioscopio ou flipbook, un librito con debuxos secuenciais en cada folla que ao pasar rapidamente anima a acción. Ver vídeo
O taumatropo, trátase dun tambor cunhas ranuras e tiras de imaxes. O tambor ten uns cortes, a través dos cales temos que mirar para os debuxos das tiras ao xirar aparezan en movemento. Ver vídeo
Tamen empregamos técnicas modernas como:
StopMotion, empregamos este progrma para animar fotografias. Fotografias feitas dos nenos/as en posicións consecutivas que ao pasar secuencialmente daban movemento as accións.