Skip to Content

Xoguetes ópticos

Este curso estamos a desenvolver un proxecto de investigación no centro en torno ao cine: "LUCES, CÁMARA E ACCIÓN!!"

O cine pode considerarse como imaxes fixas que cobran vida ao pasar rapidamente ante as nosas retinas. É unha especie de truco óptico. Comezamos coñecendo e investigando sobre artiluxiós previos ao cine  que conseguian dar animación a imaxes, fotografias ou monecos estáticos.

O Taumatropo é un destes xoguetes ópticos, un circulo con unha imaxe en cada lado que ao xirar rapidamente conseguen o efecto de fundir ante os nosos ollos esas imaxes. Ver vídeo

O folioscopio ou flipbook, un librito con debuxos secuenciais en cada folla que ao pasar rapidamente anima a acción. Ver vídeo

 

O taumatropo,  trátase dun tambor cunhas ranuras e tiras de imaxes. O tambor ten uns cortes, a través dos cales temos que mirar para os debuxos das tiras ao xirar aparezan en movemento. Ver vídeo

 

Tamen empregamos técnicas modernas como:

StopMotion, empregamos este progrma para animar fotografias. Fotografias feitas dos nenos/as en posicións consecutivas que ao pasar secuencialmente daban movemento as accións.

 

 



page | by Dr. Radut