O martes 27 ás 19:00 quedou rematado o mural gañador do Concurso impulsado pola Campaña de sensibilización contra a violencia de xénero Quen Dixo Medo?, da Deputación da Coruña. O mural, está situado na parede do almacén do comedor. O mural foi realizado polo seu autor, Vicente Fornés, pai dunha alumna do centro coa axuda de membros da Anpa Andaravía
O mural, titulado "A PORTA VIOLETA", simboliza o acceso a un mundo de igualdade e a vía de escape a situacións de violencia machista.