Skip to Content

Proxectos

Formacion de Usuarios da Biblioteca

Video de Formación de Usuarios.

Elaborado polos Alumnos de 6º.

Letras na Carballeira 19

A ANPA Andaravía comparte con toda a comunidade o video resume da xornada da LETRAS NA CARBALLEIRA 19, que se celebrou o mércores 15 de maio, homenaxeando a D. Antonio Fraguas

 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdepedrouzos/aulavirtual/pluginfile...

Concurso: Adiviña o nome.

Como este ano o día das Letras Galegas está adicado a Antonio Fraguas. gran estudoso da etnografía e da cultura galega, propoñemos ao alumnado que investigue e descubra o nome duns aparellos antiguos propios de oficios e costumes tradicionais.

Animádevos a participar!!

 

 
 
 

Concurso deseño bolsas da merenda!!

Xa podedes ver na galería de imaxes os deseños participantes dos nenos/as do cole.

Boa sorte a todos/as!!!

(Ver deseños)

 

Mira, reflexiona e ... ACTÚA!!!!

Dentro do proxecto documental que estamos a desenvolver este curso sobre a saúde, traballamos  o coidado do medio ambiente. Démonos conta da cantidade de envases e desechos que xeraban as merendas dos nenos e nenas do cole. Para visualizar este feito recollemos os envases e residuos non biodegradables ao longo dunha semana. Xuntamos toda este lixo nuns contedores instalados na entrada e o alumnado puido decatarse da  gran cantidade de residuos que produciamos. A partir desta evidencia, reflexionamos sobre as consecuencias que este xeito de consumir ten sobre o medio ambiente e as medidas e actuacións que podemos poñer en marcha para reducir tal cantidade de lixo.

Tamén quixemos transformar todos estes residuos en  obras de arte e por clase crearon uns imaxinativos traballos que na súa maioría reivindican a necesidade de cambiar os modos de consumo tomando modelos sostibles e de respecto cara o medio ambiente.

No seguinte vídeo podedes ver un resumo da actividade!!

                                    Grazas a anpa Andaravia pola súa colaboración

Cantas palliñas hai no bote?



 

Aproveitando as palliñas que se recolleron na actividade de recollida de envases e residuos non biodegradables das merendas do recreo, organizouse un concurso. O alumnado, profesorado e outros membros da comunidade educativa participou na estimación  das palliñas que xuntamos e que estaban colocadas nun bote de cristal. Cada participante podía introducir unha papeleta na urna co número de palliñas que pensaba podía haber.

O gañador foi Pablo Grille de 5ºA de primaria, o número de palliñas era de 178. O gañador recibirá un agasallo que lle será entregado pola coordinadora da biblioteca.

 

 

(Ver vídeo)

Nadal 2018

Este ano ambientamos esta celebración  cunha gran árbore de Nadal feita con material de refugallo. O alumnado de primaria encargouse de aportar as botellas de plástico para a construcción da árbore e o de infantil elaborou os adornos nun obradoiro que realizaron cos seus profes.

En infantil a árbore foi elaborada con materiais naturais e os adornos son dos/as nenos/as feitos coa axuda das súas familias.

 

 

Como todos os anos realizouse un concurso de postais de Nadal que se atopan expostas na entrada de primaria. Esta vez o tema suxerido foi o que se esta desenvolvendo este curso: alimentación e hábitos saudables. Na foto podemos ver as gañadoras. (ver fotos ampliadas)

Quen dixo medo??

Campaña de sensibilización contra a violencia de xénero

O obxectivo da campaña Quen dixo medo? é sensibilizar para a prevención da violencia de xénero  e coñecer as características e dimensións desta problemática social para a súa erradicación definitiva.

Alumnado destinado: nenos/as de sexto de infantil, cuarto e quinto de primaria. (Fotos

As cabazas do Samaín

Na entrada de primaria e no corredor de acceso a Infantil están expostas as cabazas do Samaín.

Este ano xiran en torno ao tema do proxecto de investigación "A saúde e a alimentación"

Como outros anos a colaboración das familias foi fantástica!!!

(acceso á galería)

Carreira solidaria

Hoxe tivo lugar a carreira solidaria "Gotas para Nixer". Todo o alumnado e profesorado do centro participou nesta iniciativa de Unicef que ten como obxectivo dar a coñecer o dereito á auga e á educación neste país africán. Aportamos as nosas "pingas" recaudando 540€ que serán enviados a Unicef para apoiar o traballo que están a realizar na distribución de auga potable  e construcción de letrinas nas escolas de Nixer.

(ver fotos)

(información campaña)

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut