Skip to Content

Cantigas de Reises

O día 21 de decembro foi un día especial no cole, era o derradeiro día de clase deste ano e comezabamos as vacacións de Nadal.

Nas últimas semanas estivemos traballando e recollendo entre as familias Cantigas de Reises, cantos tradicionais desta época do ano. Como remate a este traballo tivemos un concerto didáctico no que dous músicos da comarca, Emilio e Gustavo, contáronnos cousas ben interesantes sobre estas tradicións, trasmitidas de xeración en xeración, interpretaron estas cantigas acompañados con instrumentos tradicionais e ata nos atrevimos a acompañalos aprendendo algun destes cantos populares.

Abaixo podedes ver un pequeno vídeo e tamén máis fotos na galeria

nenos no concerto de Emilio e Gustavo

sentímolo, flash non está dispoñible.



page | by Dr. Radut