Cando dende a biblioteca nos propuxeron traballar a Prehistoria, os nenos e nenas de 3º de Primaria estivemos pensando e..., finalmente decidimos facer unha réplica dunha cova prehistorica na clase de plástica.
Fixémola así:
1. Buscamos no ordenador imaxes de pinturas prehistóricas e eleximos unha que nos gustara. 2. Enrugamos papel de embalar de cor marrón e logo volvémolo estirar, pero tiña que quedar aínda bastante enrugado. 3.Fixemos un debuxo dun animal ou persoa por exemplo:un búfalo, un guerreiro... cunha cera Manley de cor negra. 4. Coloreámola con ceras Manley de cor marrón ou outros tonos terra. Tamén lle fixemos un fondo. 5. Por último, a profesora e Melissa pegaron todos os noso debuxos no oco da escaleira, intentando imitar a forma dunha cova. |
E coas pedras e paos imitamos unha fogueira. Parece unha cova de verdade !!