Dentro do proxecto de investigación que estamos a desenvolver no centro este curso sobre A PREHISTORIA, os nenos e nenas de infantil participaron nun obradoiro de Arte Rupestre. Raquel e Alicia trasladaron aos rapaces a esta época cunha dramatización onde se lles explicou a orixe destas manifestacións artísticas e o obxectivo que para aqueles homes e mulleres tiña realizalas. Logo os nenos e nenas aprenderon a facer pinturas mesturando elementos naturais (carbón, lama, frutos, follas, ...). O máis divertido foi empregar estas pinturas naturais na decoración das pedras do patio dos maiores.
sentímolo, flash non está dispoñible.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
VIDEO-obradoiro.flv | 2.17 MB |