Non se trata de prescindir dos ordenadores e volver a comunicarnos a través de debuxos nas paredes, pero este ano, todo o cole decidiu voltar a prehistoria, desenvolvendo un proxecto sobre este tema. Comezamos no Entroido con disfraces relacionados: cavernícolas, poboado neolítico, petroglifos... e agora estamos a investigar e coñecer os aspectos máis significativos desta etapa histórica. Na biblioteca participamos activamente nesta idea organizando unha mostra de materias informativos e de ficción en torno á Prehistoria e tamén ambientámola coa reproducción dun dolmen, case a tamaño real! Aos nenos e nenas lles encanta entrar dentro e sentarse a ler.
Continuamos con este proxecto e vos iremos contando máis cousas!