Este mes de maio celebramos no noso centro o Día das Letras Galegas. Fixéronse moitas actividades a nivel de aula, traballando a figura de Carlos Casares, o escritor homenaxeado este ano.
O mural que se colocou na entrada!! A frase que se escolleu pertence a Daniel Rodríguez Castelao e as palabras enxebres que pegamos nel foron escollidas polos nenos e nenas de 6º E. Primaria.
O 15 de maio visitounos o polifacético artista noiés Serafín Marcos que nos ofreceu, durante preto dunha hora, unha representación da vida e obra de Carlos Casares.
Concerto de alumnos/as para conmemorar as Letras Galegas!! O venres, 19 de maio puidemos gozar das actuacións preparadas pola profesora de Música. Aquí tedes algunha delas!!