Este curso veu visitarnos ao cole o escritor Xosé Neira Vilas. Os nenos e as nenas de 2º ciclo de Primaria estiveron encantados de poder escoitalo e compartir con el uns momentos para falar da súa obra e as súas experiencias. Preme aquí para ver algunha imaxe.
Normalización Lingüística
Anxo Fariña
Esta semana estivo con nós Anxo Fariña, preme aquí e descubrirás o que aconteceu!!
Xogos Populares
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas fixemos nas aulas traballos adicados a Valentín Paz Andrade.
Ademais, desfrutamos dunha xornada de Xogos Populares, na que nos divertimos xogando á ra, á chave, á petanca e moitos máis. Ollade!!
Próximas visitas
Kalandraka |
Educación infantil | Maio |
Xosé Tomás | 1º ciclo | 22 de maio |
Xosé Neira Vilas | 2º ciclo | Maio |
Anxo Fariña | 3º ciclo | 24 maio |
Temos un mes de maio moi cargado de letras.
Ollade quenes nos veñen visitar,
deles imos aprender a escribir e ilustar.
Xabier Docampo
Despois de descubrir "O Misterio das badaladas" chegou Xabier Docampo ata o cole e contounos moitos máis misterios e anécdotas. Así como segrediños para ser un bo escritor coma él, no 3º ciclo tomamos boa nota!!
Preme aquí para ver algunha imaxe!!
Libros recomendados
LER PARA MEDRAR
Ler para medrar como persoas,
para medrar como falantes, para medrar como pobo.
Queremos que pequenos e grandes
sigan valorando a riqueza que todos posuímos,
e poder entregárllela ás xeracións futuras
coma outros fixeron connosco.
Dende a biblioteca e o equipo de Normalización Lingüística recomendámosvos algunha lectura para estas vacacións. Desfrutádeas!!! Preme aquí para poder velas.
Semana das Letras Galegas
Durante a Semana das Letras Galegas poidemos disfrutar da visita de Montserrat Varela, Mar Guerra, Lobato e un grupo de teatro da Asociación Socio-Cultural de Minusválidos (ASCM) Dende aquí, queremos darlles as grazas por visitarnos e facernos pasar un bo rato, sen dúbida souberon transmitirnos o valor dos libros.
Preme na imaxe para ver algunha fotografía deste momento
COÑECENDO AO POETA UXÍO NOVONEYRA
15 ACTIVIDADES PARA COÑECER AO NOSO POETA UXÍO NOVONEYRA NO CEIP DE ARZÚA.
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2009 NO CEIP. DE ARZÚA
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- seguinte ›
- última »