Normalización Lingüística

MODELO DE CARTA PARA AS SÚAS MAXESTADES DE ORIENTE

 

Xa falta pouco para que cheguen os Reis Magos!! Deixámosvos aquí un modelo de carta, que podedes imprimir, para pedirlles eses agasallos que vos fan tanta ilusión. 

 Preme aquí

O ESCRITOR PABLO NOGUEIRA VISITA A NOSA BIBLIOTECA

Hoxe estivo na nosa biblioteca o escritor Pablo Nogueira, autor do libro "Nube Branca quere ser astronauta". Trátase dun conto de carácter lúdico e didáctico no que a protagonista desexa ver as estrelas de preto e coñecer a lúa e os planetas... Unha temática que entusiasma ós máis pequenos. O alumnado de primeiro e segundo de primaria tivo ocasión de escoitar en boca do propio autor o conto e fixéronlle unha morea de preguntas sobre as curiosidades que a lectura do libro espertou neles. Tamén houbo un intre para que o escritor lles asinase o exemplar do mesmo que eles mercaran, e foi agasallado polos seus pequenos lectores cun precioso cadro inspirado na temática do libro. Grazas Pablo por axudarnos a fomentar nos nosos nenos e nenas o amor pola lectura.

 

 

 

NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS CONTAREMOS COA VISITA DA COMPAÑÍA DE TEATRO "GALEATRO"

Este curso 2018-19 poderemos gozar do espectáculo "O xogo das letras", a cargo da compañía de teatro Galeatro, de Carballo. Nesta obra de teatro, o protagonista terá que superar unha serie de probas relacionadas coa cultura, a literatura e a xeografía galegas. Trátase de achegarnos á vida e obra do autor homenaxeado: Antonio Fraguas, dunha maneira amena, así como á doutros autores homenaxeados/as en edicións anteriores. 

A actuación terá lugar no salón de actos do noso centro o 10 de maio de 2019, formando parte das actividades que organiza o EDLG con motivo das Letras Galegas. Realizaranse dous pases, un para o alumnado de Ed. Infantil e outro para o de E. Primaria. 

O Concello de Arzúa vén de concedernos unha subvención ao CEIP de Arzúa que nos permite financiar esta actividade!!

 

DÍA DA INFANCIA_2018

Esta semana traballamos no colexio os dereitos dos nenos e nenas. O mural da entrada recolle os principais dereitos da infancia. Ao pé das imaxes aparece o rótulo: Deféndeos, respéctaos!! 

 

O concello de Arzúa, un ano máis, organizou unha serie de actividades dirixidas aos máis pequenos e pequenas.

O luns, o alumnado de Infantil puido gozar coa compañía de teatro Ghazafelhos da obra "Bon appetit". Os tres chefs amosaron ao público infantil os segredos da cociña galega seguindo o prestixioso libro de receitas de Álvaro Cunqueiro. Foi unha comedia onde a cociña tradicional galega foi o condimento perfecto para escachar coa risa. 

  

 

O martes, 20 de novembro, tocoulle pasar pola Casa da cultura ao alumnado de 1º, 2º e 3º de E. Primaria, para ver a obra de teatro "Contos do recreo". 

  

E o mércores, 21 de novembro, foron os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º de E. Primaria para ver a obra "Leonardo e os fontaneiros" de Mª Victoria Moreno, escritora homenaxeada este ano polas Letras Galegas. 

               

 

 

UNIDADE DIDÁCTICA DE ANTONIO FRAGUAS

Aquí tedes unha unidade didáctica que vos pode servir para achegarvos á figura de Antonio Fraguas.

 PREME AQUÍ   

FESTIVIDADE DO 1 E 2 DE NOVEMBRO EN ARZÚA

Este curso, o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria realizou unha enquisa entre os nosos maiores para saber como se festexaba o Magosto e o Samaín na nosa contorna. O resultado está recollido nesta presentación e no mural. As nenas e nenos de E. Infantil, 1º, 2º ,3º e 4º de E. Primaria ilustraron despois os apartados nos que dividimos este mural.

  CLICAR AQUÍ

 

 

FESTEXANDO O MAGOSTO!!

O venres, 9 de novembro celebramos o Magosto no noso centro. O temporal de auga e vento deunos unha tregua e aproveitámola moi ben. 

Primeiro fixemos un percorrido polos distintos xogos que nos preparou Marita, a profe de Educación Física.

   

            

    

                   

Pero non podían faltar as castañas asadas, así que puxémonos en distintas filas para pasar polo mostrador e recollelas. Cada clase deseñou as súas bolsas, botes ou cucuruchos para recollelas.

       

 

 

OS DE PRIMEIRO NO MAGOSTO DO COLE

Se queres ver como o pasamos preme na imaxe

 

SAMAÍN NO CEIP DE ARZÚA

O 31 de outubro festexamos no colexio o Samaín. O alumnado de 6º A encargouse da elaboración do mural que se colocou na entrada do centro. Quedou así de bonito!!

 

As familias colaboraron aportando vasoiras, cabazas e colares de castañas, cos que decoramos os corredores. Nalgunhas cabazas vense elementos do Patrimonio cultural de Arzúa perfectamente recreados. Houbo moita creatividade!!

 

 

                                      

 

 O alumnado de 5º e 6º E.Primaria tamén quixo ambientar o seu corredor. Nalgunhas aulas contáronse contos de medo e así tamén se aproveitou para traballar a expresión oral. Como lles gusta moito esta festividade esmeráronse buscando e preguntando aos seus maiores historias de terror. 

                                                    

 O alumnado de E. Infantil viu unha película de medo. 

E na nosa Biblioteca non podía faltar o recuncho do Samaín. Nel colocouse este curso a "casiña do medo", onde se puxeron unha morea de libros relacionados con esta temática.

Powered by Drupal - Design by artinet