Con motivo do Día das bibliotecas, que se celebra o 24 de outubro, estanse a facer moitas actividades no noso colexio.
O alumnado de 6ºB encargouse da elaboración do mural que se atopa na entrada do centro.
Tamén se fixo un mural, ao que puxemos por nome "Poetizámonos!", que recolle os poemas que foi compoñendo o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de E.Primaria, a partir dos títulos dos libros da nosa biblioteca. Estas composicións encargáronse despois de ilustralas os máis pequenos: Infantil, 1º e 2º de E. Primaria.
Aquí podedes ver máis de preto algunhas das composicións poéticas.
Agora cada grupo de alumnos e alumnas pasará pola bilbioteca, co seu titor ou titora, para visionar un power point que lles explicará o funcionamento deste espazo tan importante na vida dun centro.
E, xa sabedes que tivemos a Erica González no noso colexio para activar o noso "botón" da imaxinación. A todos e a todos gustáronnos moito os seus contos!!