DÍA DA INFANCIA_2017

Na semana do 20 ao 24 de novembro conmemoramos no noso colexio o Día do neno/a e fixemos varias actividades arredor deste tema:

·        

O alumnado de 6º A preparou un mural para a entrada do centro onde recolleu os dereitos da infancia.

·     Todas as titorías de E. Infantil e E. Primaria colaboraron na realización doutro mural onde, arredor dun pallaso, colocamos unhas caixiñas co nome dun dereito dos nenos e nenas.

 

O

       O concello de Arzúa organizou unha serie de actuacións, na Casa da Cultura, ás que acudiu o alumnado do noso colexio. O 20 de novembro Caramuxo Teatro representou "Feo!" para os nenos e nenas de E. Infantil. O 21 de novembro a compañía Redrum Teatro sorprendeu ao alumnado de 1º, 2º e 3º de E. Primaria coa obra "A nena que quería navegar". Nela cóntase a historia dunha rapaza que sofre acoso escolar.  E o 22 de novembro, o grupo de percusión Odaiko, trouxo o espectáculo "Vaia circo", que por mor do temporal que houbo ese día, trasladouse ao 20 de decembro. Estas imaxes corresponden ao espectáculo musical de Odaiko dirixido aos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de E. Primaria.

                    

    

     Nas titorías de 4º, 5º e 6º E.P traballouse  coa película "Buda explotó por vergüenza", que relata a historia dunha nena afgana que loita por ir á escola e recibir unha educación. Unha película fermosa que invita ao debate e á reflexión.

N

Powered by Drupal - Design by artinet