Animaliarzúa

proxecto protexe aos animais

TARDE C0N REMI

Estamos xuntas.

   

LETRAS GALEGAS

 

 
Xa temos os primeiros traballos sobre Alma, a cadeliña de María Victoria Moreno...
 
 
 
 
 

ROMPE-CONTOS

Coa técnica de rompe-contos cambiamos de xénero as persoaxes dos contos tradicionais e, desta maneira, rompemos os estereotipos sexistas para ofrecer alternativas de outra forma de ser de homes e mulleres, construindo historias en torno a valores como a igualdade, a xustiza e a paz. Os novos contos falan de princesas e mulleres valentes e decididas e príncipes e homes que fan as tarefas do fogar, bruxas sabias e bondadosas, etc. Posteriormente, tras ter coñecido ás persoaxes, realizamos actividades e debates onde reflexionar sobre as mensaxes dos contos. Esta é unha actividade cunha función coeducativa fundamentada en valores positivos e igualitarios, que favorecerán o desenvolvemento pleno de nenos e nenas.
 
 
 

 

CHARLA VETERINARIA

Luns 27 de marzo, estamos na aula de audiovisuais esperando a unha veterinaria, Isolina, asentada dende moi xoven na vila, atraída polo amor ás vacas. Despois namorouse, casouse e xa é unha arzuana.

Ven a darnos unha charla informativa sobre MASCOTAS, os seus coidados, mimos e moitas cousas máis!
 
 
 
 
 



                           Benestar animais compañia de Rosa María Cajade Rodríguez

Os nenos e nenas de 5º fixeron uns traballos onde se reflexa todo o que aprenderon e preguntaron...

DIA DA POESÍA....21 DE MARZO





Somos poetas e poetisas que adicamos o noso tempo a construir, expresar sentiementos, emocións.
Agardamos disfrutedes tanto coma nós lendo, sentindo e, porque non, emocionándose.

 

 

 

 

ANTHROPOMORPHIC EN QUNTO E SEXTO

Para completar este proxecto de Cancanis traballamos en plástica o collage de tipo anthropomorphic nos que se misturan os corpos de humáns con cabezas de cadelos e cadelas e outros animais.
Agardamos vos gusten!!!!

 

 

CANCANIS:ACTIVIDADES

Estamos inmersos nun novo programa da Consellería, onde imos a concienciarnos e protexer ao mundo dos animais.
Para iso como actividade motivadora para empezar fomos, ao cine As Cancelas, o día 13 de outubro a ver unha película titulada MASCOTAS. unha película que non fala máis que dos sentimentos  e emocións das nosas mascotas, que son moitos por iso temos que adoralos, respetalos e coidalos.
Para saber máis do proxecto preme na imaxe
 
 

Powered by Drupal - Design by artinet