Saídas didácticas

SAÍDA AO CENTRO DE RECURSOS DA ONCE DE PONTEVEDRA

 

O departamento de orientación organizou unha visita á fundación ONCE de Pontevedra para que os alumnos tivesen un maior coñecemento das actividades que se realizan nesta fundación.

Antes da saída, fíxose na aula unha charla-coloquio sobre a ONCE para ter en conta as súas ideas e coñecemento sobre esta organización previa á visita.

Xa en Pontevedra, comezouse cunha charla informativa sobre a función da ONCE seguida de varias actividades, nas que os alumnos/as intercambiaron roles de persoas con discapacidade visual e acompañantes guía, escribiron á máquina en braille e pasaron por distintos departamentos nos que se lles explicou como funcionaban os ordenadores e teléfonos móbiles para este tipo de personas, impresións e materiais adaptados,  etc.

       Foron actividades moi entretidas e cheas de valores sociais e cívicos nas que os profesionais deste centro tiveron aos alumnos motivados en todo momento acadando un maior coñecemento sobre esta fundación e concienciados sobre esta realidade tan cercana a eles.

INFANTIL ACHÉGASE AO SALÓN DO LIBRO

 

Os nenos e nenas de infantil visitaron unha vez  máis o Salón do Libro de Pontevedra que este ano celebra a XVIII edición co lema “O mundo que queremos”.

Pasamos unha mañán estupenda percorrendo a exposición de traballos dos diferentes colexios participantes.

Tamén asistimos ao espectáculo de percusión Invención, do grupo Odaiko.

E por último merendamos nun novo espazo do Pazo de Congresos, acondicionado para que os nenos e nenas merenden  mentras   disfrutan da compañía de  libros marabillosos.

Agardamos con ganas a próxima edición.

 

1º e 2º VISITAN BALAÍDOS

 

No mes de Decembro, os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria visitaron o museo do Real Club Celta de Vigo. Alí, fixeron un pequeno percorrido guiado e asombráronse cos moitos  trofeos gañados polo equipo. Tampouco faltaron as fotos en compañía da mascota do equipo.   Logo, tiveron a oportunidade de saír ao céspede do campo de Balaídos como auténticos xogadores e xogadoras.

 

Como broche final da saída, coñeceron as pistas de atletismo do Clube Celta onde puxeron en práctica o lanzamento de peso, o salto de lonxitude e tamén botaron unha carreira de 100 metros lisos. Vaia velocidade e canto desfrutaron!

SAÍDAS TRIMESTRAIS 5º E 6º

19/03/2017 21:58
Atlantic/Bermuda

Ao longo deste trimestre os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria fixemos dúas saídas no marco das actividades extraescolares programadas para o mesmo. A primeira consistiu na asistencia á obra de teatro "Freaky", no Auditorio Afundación, en Vigo. Nesta obra , totalmente en inglés, tratábase o tema do "Bulling" dunha maneira cercana aos nenos, de forma que pretendía facer  reflexionar aos alumnos de situacións, que as veces, pódense dar no medio escolar e xuvenil.

A outra saída, relaciónabase coa temática do proxecto(tod@s en xogo)  e a inclusión. En contacto co clube AMFIV de Vigo, algúns membros deste equipo acercáronse ao novo Pavillón de deportes da Marisma, en Redondela, onde os nenos e nenas do Ceip de Cedeira, logo dunha presentación inicial, puideron asistir a un partido de demostración do deporte, e incluso participar nun partido con membros do devandito clube, probando as cadeiras de rodas que utilizan algúns deles. Tamén vimos de preto e puidemos tocar medallas das paraolimpiadas de Río 2016 que ganaron alguns dos deportistas que viñeron a Redondela.

Nos vídeos poderedes ver algo do que aconteceu en ambas actividades.

 

 

                                                       

 

3º E 4º VISITAN BALAÍDOS

Aproveitando que estamos traballando o tema dos deportes, os cursos de 3º e 4º, o venres 9 de decembro fixemos unha visita ao Estadio de Balaídos e as pistas de atletismo que se atopan a carón do Estadio.

Unha persoa encargouse de levarnos polas distintas dependencias (vestiarios, sala de prensa, …e o museo, onde nos foron explicando os diferentes trofeos, fotos e recordos desde o seu inicio ata a actualidade).

O que máis lle gustou aos nenos/as foi estar no campo de xogo e ver as gradas a vista de xogador.

Nas pistas de atletismo nos mostraron diferentes aparellos para realizar algúns deportes que alí se practican.

A continuación fixemos lanzamento de peso, salto de lonxitude e unha carreira de 400m.

Rematamos a xornada con autógrafos de deportistas que alí participaban nos adestramentos.

Deixamos un pequeno vídeo que resume a visita. Agardamos que sexa do voso agrado!

 

 

 

Exposición Lago Rivera: "No principio dun mundo"

17/11/2016 10:00
Atlantic/Bermuda

Antonio Lago Rivera (1916-1990) foi un pintor da Coruña do que se cumpren 100 anos do seu nacemento. Con este motivo en Vigo, na Sala de Exposicións de Afundación, do Teatro García Barbón, estase a celebrar unha exposición que percorre gran parte da súa obra.

Os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria acudimos a visitala o pasado 17 de novembro e pasámolo xenial!!!. A visita  estaba organizada en dúas partes, nas que participamos alternativamente, unha e outra clase. Nunha parte, se nos facilitaba, por equipos unha serie de pistas coas que tiñamos que buscar certos cadros que respostasen as características dadas. Noutra parte, participamos nun obradoiro, no que debiamos experimentar coa mistura de certas cores.

Rematamos comendo na Praza de Compostela, baixo a vixiancia do Almirante Mendez Nuñez.

 

Visita ao Museo de Pontevedra

04/05/2016 23:31
Atlantic/Bermuda

O pasado día 26 de abril os alumnos de 3º e 4º foron ao Museo de Pontevedra. Alí desfrutaron dunha exposición de cadros de pintores galegos. Resultou moi divertida e interesante, xa que tiveron que facer de detectives, buscando pistas que os levaran a adiviñar o nome dos distintos cadros.


 

SAÍDA ALUMNADO DE QUINTO E SEXTO

24/04/2016 23:55
Atlantic/Bermuda

O pasado 8 de abril, o alumnado de 5º e 6º asistiu a un concerto didáctico no teatro Afundación, en Vigo. O concerto a cargo de Xoán Curiel e Charo Pita e o seu grupo Son+D2 fai un repaso ao seu libro-disco: Estamos no verán". Ao longo da actuación conta a historia duns amigos que, no verán, queren formar un grupo de música. Un espectáculo no que as nenas e os nenos cantaron, bailaron e improvisaron ao ritmo de diferentes estilos (rock, pop, jazz, blues, bossa nova...). Música en directo, danza e elementos teatrais ou de clown misturáronse para facilitaren unha aprendizaxe da cultura musical e a linguaxe creativa.

Pasámolo moi ben, comprobádeo coa seguinte reportaxe:

ANDAINA POLO RÍO XABRIÑA

O venres 11 de abril fixemos unha saída "Polo mundo adiante" para descubrir as cousas marabillosas que tamén temos preto de nós... esta vez foi ao entorno do río Xabriña. Pasamos un día moi completo e divertido no que: andamos pola beira do río coñecendo lugares estupendos e paradisíacos; comemos en todos/as xuntos/as nunha zona de muíños, que puxeron a andar para o noso desfrute e estivemos moi "motivados" para facelo andar e moer o millo; participamos en xogos moi divertidos; visitamos un lagar da  cera e un museo dese oficio onde observamos como se traballa este "ouro das abellas". Enfin, un día inesquecible. Queredes ver algunhas das mellores instantáneas? Pois aquí as tedes.

 

ODAIKO NAS ESCOLAS

O alumnado do 3º Ciclo de EP asistiu a unha actuación musical levada a cabo polo grupo de percusión ODAIKO.

Nesta ocasión Odaiko adéntrase nunha aula calquera dunha escola para debuxar sons e sensacións cos diferentes materias que nos rodean. A contextualización desta historia acercaranos ao pasado máis lonxano, ese que nos amosa os inicios da humanidade, ata rematar no presente que ata hoxe coñecemos. Un percorrido musical desde o máis ancestral, “home de pedra”, ata o máis actual, “home moderno”.
Acompañados por un narrador en off, Odaiko proponnos una divertida escenificación en directo, chea de ritmos e sonoridades da percusión moderna, onde a imaxinación, a creatividade e a curiosidade polas distintas manifestacións artísticas, son os puntos clave.
“A riqueza dos nosos alumnos está na imaxinación e na comprensión que eles mesmos desenvolven”. Odaiko Percussion Group.

Powered by Drupal - Design by artinet