Homenaxes

MARGA MADERAL CAL: PREMIO ERNESTINA OTERO. "Loitando pola igualdade"

Mestra, feminista, solidaria, titiriteira... Marga Maderal Cal será galardonada a título póstumo co primeiro premio Ernestina Otero "Loitando pola igualdade" que concede o colectivo feminista de Redondela. Será no transcurso dun acto aberto que se celebra este venres 15 de novembre de 2019, ás 20:30 horas no Multiúsos da Xunqueira.

Un premio convocado polo colectivo feminista co gallo de recoñecer a mulleres pioneiras e relevantes do concello de Redondela, así como a entidades, colectivos, asociacións, empresas ou centros educativos que fomenten a igualdade real entre homes e mulleres do municipio.

A muller homenaxeada nesta primeira edición do premio será Marga, de quen se destaca a súa "vida chea de luz e forza feminista, responsable de marcar tantas xeracións de nenas e nenos na súa profesión como mestra", profesión que desenvolveu nos seus últimos anos no colexio de Cedeira. 

Estás nos nosos corazóns, Marga!

 

 

 

 

 

IN MEMORIAM

 

Homenaxe á nosa compañeira e mestra: Marga Maderal Cal.

MARGA: UNHA GRAN MESTRA

Fúcheste Marga e esquecécheste de avisar. Pardal miudo e souril que quería pasar desapercibido.

Queremos pronunciar e recordar o teu nome sen ningunha sombra de tristura e  o que nos queda é o cariño e o ánimo que trasmitías. Mestra compañeira e amiga!

Resultado de imagen de imaxes pardal

Por Cedeira pasaches e en Cedeira seguirás na nosa memoria.

As pegadas que deixas nos que quedamos, alumn@s, compañeir@s e amig@s, fan que sorriamos ao pensar en ti porque apenas estás do outro lado do camiño.

Mestra solidaria e comprometida. Comprometida tamén coa cultura, coa lingua, co contorno,… co mundo, en definitiva. Titiriteira incansable!!

 Compañeir@s e amig@s do Colexio de Cedeira.

Powered by Drupal - Design by artinet