Día da radio

DÍA MUNDIAL DA RADIO: 13 DE FEBREIRO DE 2021

Boas a todas e todos. Traemos agora un pequeno programa para participar na iniciativa da asociación Ponte Nas... Ondas! para conmemorar o 13 de febreiro o Día Mundial da Radio. Nel falamos da nosa radio escolar e deste día especial para toda a xente a que nos gusta facer e oír radio. Agardamos que vos guste! Escoita o programa.

DÍA MUNDIAL DA RADIO 2017

O pasado luns 13 de febreiro, celebramos o Día Mundial da Radio 2017, para o cal realizamos unha serie de actividades que remataron coa emisión dun programa especial de radio que foi enviado a Ponte Nas Ondas.

Neste fabuloso programa, puxéronse de manifesto as conclusións obtidas nas enquisas cubertas polas familias sobre os usos que fan nos seus fogares da radio, que programas escoitan, con que frecuencia, en que momento do día escoitan máis,… Tamén contaron cales son os motivos polos que a xente escoita a radio e as súas vantaxes (cómoda, amena, entretén, non saca tempo,…).

Outro aspecto foi investigar que programas deportivos escoitan nas casas, xa que o noso proxecto este ano, está relacionado cos deportes e os xogos. Elaboraron un listado dos programas deportivos máis escoitados.

Como broche final, remataron o programa lendo unha adaptación ao galego dun poema á radio deportiva, titulado “Los domingos al gol” escrito polo xornalista e locutor deportivo: Javier Ruiz Taboada.

Foi un fantástico programa! Agardamos que sexa do voso agrado.

   

Powered by Drupal - Design by artinet